Antoine Pesne, nado o 29 de maio 1683 en París e finado en 5 de xullo de 1757 en Berlín, foi un pintor rococó francés, coñecido polo seu traballo na Corte de Prusia.
Pesne estudou arte co seu pai e tío. Entre 1704 e 1710 recibiu unha bolsa para estudar en Italia. En 1710, o rei Federico I de Prusia chamouno a Berlín. Como o director da Academia das Artes de Berlín a partir de 1722, Pesne chegou a ser famoso polos seus retratos da familia real prusiana. Moitos dos seus retratos colgan nos museos de Berlín e no palacio de Charlottenburg. Estes inclúen (entre outros) os seus retratos de Federico II, o seu irmán Heinrich, e Julia de Voss. As pinturas do teito nos palacios de Charlottenburg, Rheinsberg e Sanssouci son, polo menos parcialmente, seus.miniatura|Antoine Pesne e as súas fillas|centro
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en 1683 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1757