Halldór Már Stefánsson, nado en Reiquiavik o 12 de xullo de 1972, é un cantautor e guitarrista islandés. A súa música está baseada no folk acústico e alternativo. Forma parte do grupo de pop/rock Wiggum.
Traxectoria Foi músico dende pequeno, cando lle daba ás potas e tixolas da súa nai nunha pequena vila de Islandia. Inicia os seus estudos de guitarra co profesor Örn Vinðar Erlendsson no Conservatorio de Akureyri. En 1993, trasládase a Barcelona para realizar estudos de perfeccionamento de guitarra na Escola Luthier d'Arts Musicals cos profesores Arnaldur Arnarson e Alex Garrobé. Participou como activo en cursos internacionais con mestres como David Russell, Hopkinson Smith, Manuel Barrueco ou José Tomás Pérez Seles. Máis adiante percorre Islandia e España como solista e forma parte de "Mosaic, Barcelona’s Guitar Quartet".
En 2004, colabora no disco "Amb les mans" do compositor e guitarrista Eduard Rodés interpretando unha peza chamada "La Luz" e inspirada na vida de Ferrer i Guàrdia, coñecido librepensador fusilado no ano 1909 por mor dos disturbios da Semana Tráxica.
En 2006, o mesmo Eduard Rodés edita un novo disco baixo o nome "República Mediterránea", onde Halldor Mar volve colaborar interpretando o tema "Al Iskandariyah".
En 2009, lanza o seu primeiro álbum en solitario, Simple, baixo o selo Daruma Records. O disco grávase no estudo El Tostadero coa axuda do produtor Marc Molas.
Halldor Mar é tamén membro do grupo Wiggum, que tras a súa formación en 2009, edita en febreiro de 2010 o seu primeiro álbum chamado Sintón Nisón ama a Nifú Nifá, gravado no estudo Micromaltese con Cacho Salvador (de "Extraperlo") como produtor.
Discografía Simple (Daruma Records, 2009) Sintón Nisón ama a Nifú Nifá do grupo Wiggum (El Genio Equivocado, 2010) Winds (Amantes Records, 2014) Records (La Cúpula Music, 2017) El mar no té camins (2023)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Halldor Mar en Daruma Records
Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Cantantes de Islandia Categoría:Nados en 1972