miniatura|Restos da antiga polis de Cámiros, en Rodas. miniatura|Aspecto actual do porto de Mikonos. miniatura|Oliveirais próximos a Antimachia (Αντιμάχεια), na illa de Cos. A oliveira, a vide e os cereais foron os principais cultivos gregos, como en toda a conca do mar Exeo. Polis (do grego πόλις, romanizado como pólis —plural póleis—) é a denominación dada ás cidades-estado independentes da antiga Grecia, xurdidas na Idade Escura mediante un proceso de agregación de núcleos e grupos de poboación (anteriormente vinculados polo οἶκος oikos casa) denominado sinecismo (συνοικισμóς synoikismós «xuntar as casas» ou «habitar xuntos»Tovar, op. cit., pxs. 18-19. A cita entrecomiñada é de Arnold Wycombe Gomme, Essays in Greek History and Literature, Oxford, 1937, px. 224.). A unificación entre o núcleo urbano e a súa contorna rural, característica esencial da polis arcaica e clásica, completouse xa cara á segunda metade do século -VII. A polis foi o marco esencial onde se desenvolveu e expandiu a civilización grega até a época helenística e a dominación romana.

A estrutura da polis leva un establecemento urbano (ἄστυ, ásty), xeralmente instalado ao pé dunha cidadela elevada (ἀκρόπολις, acrópole), xunto cunha parte rústica (χώρα, khōra), composta polas terras propiedade dos cidadáns particulares, os campos sen cultivar e os bosques. A polis comprendía a cidade amurallada, os campos de cultivo e pastoreo, e os portos que a comunicaban co exterior. Cada polis controlaba o seu territorio, no que se consideraba autosuficiente (autarquía económica, αὐτάρκεια, autárkeia), considerando como ideal supremo a independencia e a non submisión a ningún poder exterior (soberanía ou autarquía política); o que non impedía a formación de distintos tipos de alianzas entre polis (anfictionía, ἀμφικτιονία, «construír xuntos»; simaquía, συμμαχία, symmakhía «loitar xuntos», κοινόν koinón, «común», traducido habitualmente como «liga»Tamén expresa un concepto individual: «dominio de si mesmo»).

A gran compartimentación xeográfica, tanto en Grecia continental como nas illas, provocou que o tamaño medio das polis fose reducido: unha poboación non maior de 10.000 habitantes, sobre unha superficie entre 1000 e 3000 km². Ademais da polis, existían outros tipos de asentamentos que recibían outras denominacións: kōmē (κώμη, «aldea», unha localidade non amurallada; Tucídides describía Esparta, que non tiña murallas —os espartanos gabábanse diso—, como a reunión de catro destas kōmē, e supuña que o resto das polis gregas xurdiran por sinecismo entre antigas kōmē), apoikía (ἀποικία, «colonia»), katoikía (κατοικία, colonias militares que non desenvolven institucións políticas plenas), emporion (ἐμπόριον, colonias comerciais), cleruquía (κληρουχία, asentamento agrícola-militar propio da colonización ateniense) e varios tipos de gornicións militares (φρούριον, phrúrion; στρατόπεδον, stratópedon; katoikía)T.H. Nielsen, «Phrourion. A note on the term in classical sources and in Diodorus Siculus» contributo in T.H. Nielsen (a cura di), Even more studies in the ancient Greek polis, 2002 (pp. 49-64). Fonte citada en :it:PhourionEquivalentes aos castellum, castrum ou burgus romanos. A identificación dos katoikia con establecementos militares non é algo evidente: ... not every katoikia was necessarily a military settlement. It has become almost generally accepted that katoikia was a settlement in an intermediate stage between the polis and the kome, namely a community having all the traditional municipal institutions but not enjoying the privileges of a polis (Bezalel Bar-Kochva, The Seleucid Army: Organization and Tactics in the Great Campaigns, pg. 23). Tamén se identifica katoikia con politeuma (Tarn interpreted the terms as being sometimes equivalent to the Ptolemaic politeuma, i. e., quasi-autonomous corporations of non-Greeks nationalities in Greek cities, but this cannot apply to most of the katoikiai under consideration, wich vere obviously self-contained settlements and not just quarters of a city -op. cit.-). O verbo katoikein significa «habitar» (op. cit.).

Socialmente, a polis caracterizouse pola existencia de tres grupos: os cidadáns (πολίτης polítēs), que gozaban de todos os dereitos, os metecos (μέτοικος métoikos, «o que cambiou de oikos»), sen dereitos, pero libres; e os escravos (δοῦλος dûlos), privados de liberdade e que non dispuñan de ningún dereitoHistoria da cidadanía. Pocock, J. G. A. (1998). The Citizenship Debates. Chapter 2—The Ideal of Citizenship since Classical Times (originally published in Queen's Quarterly 99, no. 1). Minneapolis, MN: The University of Minnesota. p. 31. ISBN 0-8166-2880-7. Fonte citada en :en:History of citizenship. Como corresponde á súa situación histórica, as mulleres tampouco eran consideradas cidadáns e, por tanto, tampouco tiñan dereitosHistoria da muller na Grecia antiga. The Rise of Women in Ancient Greece by Michael Scott, published in History Today Volume: 59 Issue: 11 2009. Fonte citada en :en:Women in Greece.

A identificación coa polis era fortísima para o home grego, até tal punto que o desterro (ostracismo) fose a suprema condena. Aristóteles chegou a definir o ser humano como "animal político" (ζῷον πouλιτικόν zōon politikón), é dicir, o que ten vida social, o que vive en polis.

Expansión exterior das polis

Comercio marítimo O mar (o Exeo e todo o Mediterráneo) converteuse no mellor medio para pór en contacto as polis gregas entre si e con outras civilizacións, establecéndose un activo comercio de todo tipo de produtos a longa distancia (chegando até a Europa do Norte e o Asia Central), até o punto de que moitas das cidades-estado dependían en gran medida do comercio marítimo. Os gregos convertéronse en excelentes mariños, habilidade aproveitada tanto en asuntos civís como militares.

Metrópoles e colonias miniatura|450x450px|Polis gregas do século- VIII ao -VI (nomes enmarcados en vermello -os enmarcados en amarelo son cidades fenicias e os enmarcados en gris cidades doutros pobos-). Os puntos cadrados distinguen ás metrópoles e os puntos circulares ás colonias. As cores distinguen ás consideradas xonias (verde), dorias (azul escuro), aqueas (azul claro) e eolias (rosa). O exceso de poboación, os conflitos internos e os intereses comerciais fixeron que desde mediados do século -VIII se iniciase un proceso de colonización que se estendería por espazo de dous séculos. Emprendedores comerciais e colonos agrícolas estableceron unha serie de novas cidades gregas desde o Mar Negro até o Mediterráneo occidental.

As principais colonias establecéronse, cara ao oeste, nas costas de Sicilia e o sur da Península itálica (que recibiron o nome de Magna Grecia: Cumas, fundada por colonos de Calcis, Siracusa, polo corintio Arquias, Tarento, polos espartanos) e a costa mediterránea das actuais Francia e España (Massalia —actual Marsella— ou Emporion —actual Ampurias—, fundadas polos foceos); cara ao leste en Xonia (costa da actual Turquía) e o mar Negro (Bizancio, fundada polos megarenses); e cara ao sur na costa do nordés de África (delta do Nilo e Cirene).

Nun principio foron os campesiños en busca de novas terras para labrar, os que afrontaron o risco. As cidades-nai ou metrópoles planeaban os detalles da viaxe e equipaban aos colonos, que irían liderados por un οἰκιστής oikistés (aristócrata á fronte da empresa, que sería recoñecido como fundador da colonia). Ao chegar ao lugar de destino, o xefe da expedición escollía unha localización favorábel (polas súas condicións defensivas, fertilidade, accesibilidade) e repartía as terras entre os expedicionarios, en partes iguais, a sortes (κλῆρος klēros, cleruquía). Estes pioneiros convertéronse en importantes terratenentes. Desta maneira foron xurdindo ao longo do Mediterráneo novas cidades portuarias cunha contorna agrícola, e con leis e costumes semellantes ás das polis gregas de onde proviñan.

A polis monárquica e a polis aristocrática miniatura|Kantharos do chamado Mestre dos cabalos, período xeométrico, ca. -730 / -700. miniatura|Hidria do chamado Pintor de Guglielmi, que representa unha cuadriga, ca. -550. Nos seus inicios, cada polis estaba dominada por un caudillo militar, o basiléus (βασιλεύς, traducido habitualmente como «rei»). En moitos casos exercían o poder relixioso e xudicial. A mediados do século -VIII, estes gobernos de tipo monárquico («goberno de un») foron substituídos por oligarquías (ὀλιγαρχία oligarkhía, «goberno duns poucos»), nas que o poder político pasou a mans de asembleas formadas por representantes das familias locais máis influentes e ricas: os eupátridas (εὐπατρίδαι eupatrídai, «de bos pais»).

Estas asembleas cada ano elixían de entre os eupátridas a un número determinado de maxistrados (arcontes, ἄρχοντες árkhontes, «os que mandan»), que se encargaban de dirixir o exército (strategos, στρατηγός), a mariña (navarco, ναύαρχος) e levar os asuntos relixiosos (arconte basileus, ἄρχων βασιλεύς), entre outras funcións (tesmótetas, polemarca, próbulos, kolakretai, apodektai, etc.). O arconte epónimo (ἄρχων ἐπώνυμος árkhōn epōnymos) daba nome ao ano en que exercía o seu cargo.

Os membros desta clase dirixente, denominados aristoi (ἄριστοι, «os mellores», «excelentes» ou «virtuosos»; esta última acepción derivada de areté, ἀρετή) exercían o poder político (aristocracia, ἀριστοκρατία aristokratía, «goberno dos mellores») á vez que dominaban a economía da polis a través do seu control da propiedade da maior parte das terras (aristocracia como timocracia, «goberno dos que teñen honra» identificada coa plutocracia, «goberno dos ricos»). Eran os únicos que podían facer fronte ao alto custo que supuña a adquisición e o mantemento do equipo bélico que permitía entrar en batalla como os campións homéricos que se representan na Ilíada (cabalos e carro de guerra, armas e armaduras de metal: primeiro de bronce e logo de ferro). O pobo gobernado (δῆμος, dēmos) soamente participaba na vida pública cando así era requirido pola asemblea aristocrática.

Este sistema revela a existencia de círculos de parentesco con rangos hereditarios. Desde o seu nacemento cada persoa, xa fose un terratenente ou un campesiño, quedaba integrada na súa correspondente tribo (φύλη, phýlē); e dentro desta nunha concreta «irmandade» (φρατρία, phratría) composta polos pretendidos descendentes dun heroe ou deus ancestral. A ríxida estrutura social xustificou o predominio e capacidade de liderado da aristocracia grega durante moito tempo.

Desestabilización da aristocracia miniatura|Crátera de Eufronio, ca. -515. Representa a un grupo de mozos atenienses armándose co equipo militar propio dos hoplitas. Diferentes factores fixeron que, co tempo, a aristocracia vise desestabilizada a orde política e social que garantía a súa supremacía:

Consolidación do comercio e da artesanía como actividades xeradoras de riqueza: Cidadáns que non proviñan das grandes familias prosperaron gradualmente até lograr unha certa riqueza, pero seguían carecendo de dereitos políticos. Conflitividade social e revoltas ou enfrontamentos civís dentro das polis (στάσις, stásis): O empobrecemento dos campesiños facíaos endebedarse e non poder facer fronte a talles débedas. En tal situación recorríase á escravitude por débedas, o que provocou unha gran tensión social co consecuente estalido de revoltas. Necesidade de maiores exércitos: A necesidade de ter máis cantidade de soldados requiría que fosen recrutados entre o pobo, co que se creou a falanxe hoplítica. Ao ser cidadáns non aristocráticos os que defendían agora a polis, acabaron pedindo un recoñecemento dos seus dereitos políticos.

Da polis arcaica á polis clásica miniatura|Solón. Co obxectivo de resolver a crise política e social, nalgunhas polis decidiuse dar unha resposta ás esixencias reformistas das clases inferiores e medias, co cal se impulsaron medidas en favor dunha maior xustiza social.