Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.
Traxectoria Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1980). Foi Director e promotor dos Parques Naturais Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadoiro (1995-1999) e Director Xeral de Conservación da Natureza (2005-2009) e como tal promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia (7/2008) e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. Promoveu a creación das reservas da biosfera da UNESCO “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e a internacional “Gerés-Xurés” así como o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e puxo en marcha o Comité de Árbores Senlleiras de Galicia e o Observatorio Galego da Biodiversidade dos que foi o seu primeiro presidente..
Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez de Celanova e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e secretario do Grupo Histórico Arqueolóxico Larouco e da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Tamén foi director da revista A Xanela, de promoción turística e divulgación do patrimonio natural e cultural dos concellos da Baixa Limia e Terra de Celanova.
Cargos de representación
Membro da Comisión de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente da Comunidade de Traballo “Galicia-Norte de Portugal” (1995-1998) Responsable en Galicia do Programa “Partnership-Exchange” de colaboración entre EUROPARC e América Latina (1996-1999) Coordinados da Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade (1999) Membro do Comité Nacional de Flora e Fauna do Ministerio de Medio Ambiente (1997-1999) Conselleiro e membro da Sección Española (ESPARC) da Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (EUROPARC) (1997-1999 e 2005-2009) Membro da Comisión Nacional de Protección da Natureza (2005-2009) Secretario do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia (2007-2009) Coordinador do Programa de Camiños Naturais de Galicia (2006-2009) Membro do comité de expertos de apoio á Comisión do Parlamento de Galicia sobre incendios forestais (2019)
Obras Ensaio Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago (1999). Celanova e o vento, con Xosé Luís Méndez Ferrín (1999). Manuel Curros Enríquez (2001). Ir Indo. Vivir en Ancares (2002). Consellería de Medio Ambiente. Arturo Noguerol Buján (2003). O Macizo Central Ourensán (2009). Caixa Galicia. Arnoia. Biografía de un río y una ribera (2012). CHMS. Os ríos da raia seca (2013). CHMS. O Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés (2021). Deputación de Ourense. Carballeda de Avia, Monumento Natural (2023). Concello de Carballeda de Avia. Ciencia e misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel (2025)
Narrativa Terradentro, 2017. Xerais. Un galego no Camiño Portugués (2021). Xunta de Galicia.
Obras colectivas Galicia 2020 (2001). Ir Indo. A Ribeira Sacra (2001). Caixanova. Ribeira Sacra. Biodiversidade e Historia (2009). Fundación Xermán Estévez. Natureza e paisaxe do Courel no Congreso sobre Uxío Novoneyra (2011). RAG. Enciclopedia Ilustrada de Ferrín arraiano (2024). Arraianos Producións.
Premios II Premio Francisco de Moure 1999, como presidente do Seminario de Estudios Celanoveses, pola recuperación do coro gótico do mosteiro de Celanova. Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2004. Arraiano Maior no 2016. Premio Ouro Azul no 2016. Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria 2018 por Terradentro. Premio Alecrín 2024 da Federación de Entidades Galegas en Catalunya (Fegalcat). Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha do autor en Xerais
Categoría:Enxeñeiros de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid