O Renault 5 é un automóbil compacto da marca francesa Renault que se comercializou dende 1972 ata 1996. Fabricado en España na factoría que Renault ten na provincia de Valladolid, o modelo tivo un grande éxito no mercado español así como en moitos outros países.

Primeira xeración: 1972 - 1985

miniatura|200px|dereita|Renault 5 I. Foi a primeira incursión de Renault no mercado dos utilitarios pequenos, cun vehículo de tres portas sinxelo e de liña elegante.

Montaba motores de entre 850 e 1400 cc, cunha mecánica simple compartida con outros modelos da marca. A suspensión era por barras de torsión.

No 1977 lanzouse a versión GTL, máis equipada e en 1979 a carrozaría de 5 portas. No 1981 sufriu unha reestilización interior mellorando a contorna notablemente.

Tamén existiron varias versións deportivas denominadas Alpine (1981), externamente moi similares ós modelos inferiores e con 93 CV; Copa, homólogos dos Alpine para o mercado español; e as versións Turbo 1 (1980) e Turbo 2 (1982), modelos especiais orientados á competición de produción moi limitada, co motor en posición central, e a carrozaría notablemente ensanchada e alixeirada.

Segunda xeración: 1985 - 1996

miniatura|200px|dereita|Renault 5 Supercinco O modelo da segunda xeración, denominado comercialmente como Supercinco, apareceu en 1985 cunha carrozaría totalmente nova, aínda que conservando as liñas mestras do Renault 5 orixinal, novas motorizacións e suspensións MacPherson.

Posteriormente apareceu a versión deportiva GT Turbo con 115 CV na súa fase inicial e 120 CV posteriormente.

Foi comercializado ata 1996 e substituído polo Renault Clio.

Véxase tamén Ligazóns externas Renault 5.net - Información sobre o Renault 5.

5