Colunga é un concello asturiano, situado ao noroeste do principado. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur cos concellos de Parre e Piloña, ao leste co de Caravia e ao oeste co de Villaviciosa. Colunga ten 5.095 habitantes repartidos nunha superficie total de 97 km² (cunha densidade de 52'5 hab./km²). A poboación concéntrase sobre todo nos núcleos de Colunga, Lastres, Gobiendes, Luces, La Isla, Lué, Pivierda, Libardón e Carrandi. A vila capital ten un bo trazado urbano con modernos edificios e recunchos pintorescos.
A mobilidade da topografía do concello sorprende polos seus cambios paisaxísticos: a súa configuración montañosa do interior contrasta coas súas praias.
Demografía
Política 300px|miniatura|Concello de Colunga.
PSOE PP IU-BA Outros Total 2003 4 4 1 2 11 2007 6 5 0 0 11
Cumes El Sueve e El Fito.
Praias As tres máis importantes son: Lastres, La Griega e La Isla.
Monumentos Os edificios prerrománicos constitúen seña de identidade do Principado.
Festas Festa patronal da Nosa Señora de Loreto na vila Colunga o Domingo "Dia Grande" e poxa do Ramu, tradición asturiana. O martes seguinte é a "xira" na praia de La Griega cunha unha gran romaría con repartición do "Bollu Preñau" e a botella de viño.
Festas de San Roque na vila pesqueira de Lastres.
Festa da Nosa Señora do Carmen en Lastres con procesión Mariñeira nas embarcacións.
Festa de Espuneres; na Majada de Espuneres(Serra do Sueve)
Festas dos Asturcones.
Véxase tamén
Ligazóns externas Colunga en www.pueblos-espana.org
Categoría:Concellos de Asturias Categoría:Localidades do Camiño do Norte