O Partido Republicano Popular (Cumhuriyet Halk Partisi, CHP) é un partido socialdemócrata e de carácter secular de Turquía fundamentado na ideoloxía kemalista do seu fundador Mustafa Kemal Atatürk. É membro da Internacional Socialista e membro asociado do Partido dos Socialistas Europeos. O símbolo do CHP está formado por seis frechas que lembran os seis principios da ideoloxía kemalista, da que o partido é o representante histórico.
Traxectoria Fundado en 1923 para dar cobertura á política nacionalista e secularista de Atatürk foi o único partido legal ata 1938 e na práctica ata 1950 ó perde-las eleccións.
Nas eleccións de 2019, foi o principal partido da oposición en Turquía con 144 dos 550 asentos da Grande Asemblea Nacional de Turquía.
Resultados electorais
Eleccións lexislativas AnoVotosDeputados%PosiciónGoberno19776.136.171213 / 45041,381ºEcevit II19953.011.07649 / 55010,715ºOposición19992.716.0940 / 5508,716ºExtraparlamentario20026.113.352178 / 55019,392ºOposición20077.317.808112 / 55020,882ºOposición201111.155.972135 / 55025,982ºOposiciónXuño 201511.518.139132 / 55024,952ºOposiciónNovembro 201512.111.812134 / 55025,322ºOposición201811.348.899146 / 60022,642ºOposición
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
Categoría:Partidos políticos