Willy Wonka e a fábrica de chocolate (en ) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Mel Stuart. Está protagonizado por Gene Wilder, que intepreta o papel de Willy Wonka. Trátase dunha adaptación da novela Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl. Dahl foi acreditado como guionista do filme; porén, David Seltzer, que non aparece acreditado, foi contratado para refacer o guión contra os desexos de Dahl, facendo grandes cambios no final e engadindo os números musicais. Estes cambios, e outras decisións tomadas polo director, fixeron que Dahl renegase do filme.Liz Buckingham, trustee for the Roald Dahl Museum, quoted in Tom Bishop: "Willy Wonka's Everlasting Film Plot", BBC News, xullo de 2005

Sinopse Willy Wonka fai unha promoción en que quen atope un dos cinco billetes dourados poderá facer unha visita pola súa fábrica, pechada dende que Slagwoorth mandase espías a roubaren as súas receitas secretas. Todos queren entrar na fábrica e descubrir quen o axuda a facer o chocolate dende que pechou as portas e non deixou entrar ninguén máis.

Personaxes Gene Wilder como Willy Wonka Jack Albertson como Avó Joe Peter Ostrum como Charlie Bucket Roy Kinnear como Henry Salt Julie Dawn Cole como Veruca Salt Leonard Stone como Sam Beauregarde Denise Nickerson como Violet Beauregarde Dodo Denney como Mrs. Teevee Paris Themmen como Mike Teevee Ursula Reit como Mrs. Gloop Michael Bollner como Augustus Gloop Diana Sowle como Mrs. Bucket Aubrey Woods como Bill David Battley como Mr. Turkentine Günter Meisner como Arthur Slugworth/Mr. Wilkinson Peter Capell como The Tinker Werner Heyking como Mr. Jopeck Peter Stuart como Winkelmann

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mel Stuart Categoría:Filmes baseados en obras de Roald Dahl Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego