Air Belgium é unha aeroliña belga con sede en Mont-Saint-Guibert e baseada no aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi.

Historia A compañía fundouna no verán de 2016 o CEO Niky Terzakis, que anteriormente traballara para ASL Airlines Belgium. O obxectivo era unir Bélxica con destinos asiáticos como Hong Kong, Pequín e Shanghai, ofrecendo un produto de alta calidade aos seus clientes.

O primeiro voo de Bruxelas a Hong Kong planeouse para outubro de 2017, porén, este foi adiado xa que a aeroliña non tiña aínda o seu certificado de operador. No mes de decembro Air Belgium anunciou que o primeiro voo sería finalmente en marzo de 2018 dende o aeroporto de Charleroi en vez de dende o de Bruxelas debido ás taxas máis baixas e a mellor accesibilidade; tamén se anunciou que para clase business e pasaxeiros premium a aeroliña operaría unha nova terminal dedicada que sería construída na terminal executiva, mentres que os pasaxeiros de clase económica usarían a terminal normal.

O 14 de marzo de 2018 anunciouse que a aeroliña recibira o seu certificado de operador das autoridades de aviación civil belgas e planeaba comezar a operar voos regulares a mediados de abril.

O 29 de marzo a compañía realizou o seu primeiro servizo comercial operando o seu Airbus A340-300 coa librea de Air Belgium en nome de Suriname Airways, nun voo entre Ámsterdam e Paramaribo. O 25 de abril a aeroliña anunciou un atraso no seu voo inaugural a Hong Kong do 30 de abril ao 3 de xuño, debido a que non tiña os dereitos para operar no espazo aéreo ruso.

Frota En marzo de 2018 a frota de Air Belgium estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Air BelgiumAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCY+YTotalAirbus A340-30040TBA257Total40

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Bélxica