Skype é un programa gratuíto de código pechado que utiliza a tecnoloxía VoIP, propiedade de Microsoft. Foi desenvolvida polo danés Janus Friis e o sueco Niklas Zennström en 2003. En 2005 a empresa foi adquirida por eBay, e en 2011 por Microsoft.
En 2013, a rede Windows Live Messenger (anteriormente MSN Messenger) integrouse en Skype.
Características Permite chamadas gratuítas entre usuarios. Ten un servizo de pago para chamar a outros teléfonos con SkypeOut. Dispón de SkypeIn, para recibir chamadas de teléfonos. Permite conversas escritas, videoconferencias e transmisión de arquivos entre usuarios. Funciona en Windows, macOS, Linux, iOS, Windows Phone, HoloLens e Xbox One. Utiliza o algoritmo AES de 256-bit para cifra-la voz
Notas
Véxase tamén Windows Live Messenger Videochat Mensaxería instantánea VoIP
Ligazóns externas Páxina oficial de Skype Portable Skype (Windows)
Categoría:Aplicacións VoIP Categoría:Soporte lóxico de Microsoft