Junts per Catalunya (JxCat, en galego: Xuntos por Cataluña) é unha coalición política catalá de carácter transversal e independentista formada por membros independentes. Formouse para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 e a candidatura foi liderada por Carles Puigdemont. En 2019 anunciouse que se utilizaría a mesma fórmula para presentarse ás eleccións xerais, locais e europeas.
Traxectoria Junts per Catalunya é unha marca electoral rexistrada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e o Partit Demòcrata (PDeCAT), pero integrada basicamente per persoas independentes, con motivo das eleccións ao Parlament de Catalunya de 2017. Despois da declaración de independencia no Parlament de Catalunya e a posterior activación do artigo 155 da Constitución española, o presidente español Mariano Rajoy convocou eleccións autonómicas. Carles Puigdemont exiliouse a Bélxica para evitar a prisión e varios consellers do anterior Govern de Catalunya estaban en prisión preventiva acusados de sedición. Nese contexto, varios dirixentes do PDeCAT, como o ex-president Artur Mas, Marta Pascal ou David Bonvehí, reuníronse con Puigdemont en Bruxelas e este último accedeu a ser candidato a president, coa condición de que fora unha lista que superara as siglas nacionalistas e que sumara independentes. Inicialmente, Puigdemont propuxera presentarse como cabeza de lista dunha agrupación de electores.
O nome non era novo xa que fora unha das propostas que descartaran as bases do PDeCAT no congreso fundacional do novo partido. Finalmente, o sistema aprobouse no consello nacional do partido celebrado o 15 de novembro de 2017.
Candidatura A lista foi presentada por Carles Puigdemont dende Bruxelas e incorporou personalidades do partido, ademais de varios independentes como a historiadora Aurora Madaula, o escritor Jaume Cabré, o sociólogo Salvador Cardús, a debuxante Pilarin Bayés, o actor Joan Lluís Bozzo, o cociñeiro Fermí Puig, o historiador Josep Maria Solé i Sabaté ou a ex-nadadora e ex-responsable da selección española de natación sincronizada Anna Tarrés, entre outros. Destaca tamén o papel do presidente da Assemblea Nacional Catalana, Jordi Sànchez, que foi o número dous da lista por Barcelona, logo de renunciar ao cargo. Ademaism outros catro membros do secretariado nacional da ANC abandonaron o cargo para incorporarse ás listas desta candidatura: Francesca Ferreres, Alícia Casals, Assumpció Castellví e Pere Grau.
Nas eleccións, Junts per Catalunya obtivo 34 deputados e quedou por diante, contra todo prognóstico, da outra gran forza independentista, Esquerra Republicana, que obtivo 32. Converteuse na segunda forza do Parlament por detrás de Ciutadans.
Resultados electorais Eleccións ao Parlamento de Cataluña Eleccións Candidato # de votos % de votos Escanos Posición 2017 Carles Puigdemont 948.233 21,66% 2º
Eleccións Xerais Eleccións Candidato # de votos % de votos Escanos Posición (Cataluña) abril de 2019 Jordi Sànchez 497.638 12,05% 4º
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Junts per Catalunya (partido político)
Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Forzas políticas de Cataluña