Asclepíades é o nome de varios personaxes gregos:
Ario Asclepíades (Areius Asclepiades), suposto médico grego. Asclepíades, poeta lírico grego. Asclepíades, poeta epigramático grego. Asclepíades de Adramition foi un antigo poeta grego citado na Antoloxía grega. Asclepíades de Alexandría foi un escritor grego que aparece mencionado como autoridade nuns escolios de Aristófanes. Asclepíades de Anazarbo, escritor grego. Asclepíades de Antioquía (m. 217), patriarca de Antioquía, santo e mártir cristián. Asclepíades de Bitinia (fl. c. -120 – c. -40), filósofo e médico de Prusa (Bitinia). Asclepíades de Chipre, historiador grego. Asclepíades de Fliúnte (fl. século -IV - -III), filósofo cínico grego. Asclepíades de Mirlea (fl. século -I), gramático, astrónomo e historiador grego. Asclepíades de Samos (fl. século -III), poeta lírico grego, mestre de Teócrito de Siracusa, que escribiu poesía epigramática bucólica. Asclepíades de Trales foi bispo de Trales (Tralles). Asclepíades de Tráxilo (século -IV), mitógrafo grego. Asclepíades Farmación (fl. século I-II), médico grego. Asclepíades Filofísico (Asclepiades Philophysicus), médico grego. Asclepíades Mendes, relixioso exipcio. Asclepíades o Cínico (fl. século -IV), filósofo cínico grego. Asclepíades Titiense (Asclepiades Titiensis) foi médico grego que viviu no século II e aparece mencionado por Celio Aureliano. Escribonio Asclepíades (L. Scribonius Asclepiades), médico romano. Marco Galo Asclepíades (Marcus Gallus Asclepiades), médico grego. Véxase tamén Outros artigos Asclepíadas (familia), liñaxe da illa de Cos. Asclepíades foi o nome de numerosos médicos gregos.