Olga Nikolaevna Romanova (en ), nada en Tsarskoe Selo o e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa rusa, filla primoxénita do tsar Nicolao II de Rusia e a súa muller Alexandra.

Traxectoria Durante a súa vida, o futuro matrimonio da gran duquesa foi obxecto de grande especulación no imperio. Algúns rumores a relacionaban co gran duque Demetrio Pavlovich de Rusia, Carlos de Romanía, Eduardo de Gales, e con Alexandre de Serbia. A propia Olga anunciou en varias ocasións a súa intención de casar cun ruso e permanecer no país. Durante a primeira guerra mundial, Olga traballou como enfermeira ao cargo dos soldados feridos nun hospital militar montado en Tsarskoe Selo, ata que tivo que deixalo por mor dos nervios e pasou a adicarse ás tarefas administrativas.

A súa morte tivo lugar trala revolución rusa de 1917 e a chegada ao poder dos bolxeviques. A familia imperial foi exiliada a Ekaterimburgo onde foi asasinada a noite do 17 de xullo de 1918. Os restos da familia foron atopados trala caída da Unión Soviética e sepultados en 1998 na catedral de san Pedro e san Paulo de San Petersburgo. A Igrexa ortodoxa rusa canonizou a Olga, xunto ao resto da súa familia como mártires portadores da paixón.

Devanceiros Devanceiros de Olga Nikolaevna Romanova

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Execución da familia Romanov Aleksei Nikolaevich Romanov

Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en 1895 Categoría:Dinastía Romanov Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Asasinados polo réxime soviético