Xesús Mato Mato, nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o 29 de outubro de 1932 e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 2024, foi un sacerdote, musicólogo e escritor galego. Usou o pseudónimo J. Cabodevila na música.
O Concello de Paradela, en colaboración con Brandán Comunicación, publicou Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, presentado en xaneiro de 2023.
Traxectoria
Fixo a carreira sacerdotal no Seminario de Lugo (1946-1958). Foi coadxutor de Lalín (1958-1967) onde foi profesor de Filosofía e Música nun colexio privado (1959-64) e profesor de relixión do Instituto Laboral de Lalín (1965-67). En Lalín fundou a emisora Radio Popular de Lalín (1959-64) da que foi o primeiro director e foi tamén fundador e primeiro director da Polifonía de Lalín (1958-1967). En 1967 obtivo o título de técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid e dende 1968 foi asesor relixioso e redactor en Radio Popular de Lugo e creador das misas en galego por radio. Foi párroco de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro (1983-2000). Foi director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Bispado (1967-68). Foi fundador e primeiro coordinador de Auxilia-Lugo (1970-77) para facer visibles os discapacitados que aínda nos anos setenta as familias escondían como se a súa existencia fose unha praga bíblica ou un castigo.
Foi cofundador do Grupo Fuxan os Ventos (1972), e autor da letra e da música da canción que lle deu nome ao grupo. Tamén foi impulsor de Galicia canta ó neno que achegaba á xente a tradición popular das panxoliñas.
Por iniciativa do concello de Paradela, editouse un libro homenaxe titulado «Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos».
Recoñecementos 1991: Lucense do ano 1998: V Premio Moncho Valcárce Terceiros premios de Cultura Tradicional de María Castaña 2005: Fillo Predilecto do concello de Paradela 2009: Premio de Xornalismo sobre o Nadal. Begonte 2018: Medalla Castelao. Medalla solicitada por unanimidade do Concello de Paradela, ao que se uniron multitude de adhesións. Foi a primeira entregada por petición popular de máis de 2 500 persoas e institucións.
Familia Xesús Mato foi curmán de Xosé Manuel Mato, quen fora alcalde de Paradela. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sánchez Barbarroja, Cristina (16/2/2016). "El padre Mato, la voz del rural gallego" Público . Mato sono io... (Eu son o tolo). 100 amigos falan de Xesús Mato Mato Podcast sobre Fuxan os Ventos e a súa creación por Xesús Mato
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Paradela Categoría:Nados en 1932 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2024 Categoría:Musicólogos de Galicia