Catarina de Stafford (en ), condesa de Suffolk, nada arredor de 1376 e finada o 8 de abril de 1419, era unha filla de Hugh de Stafford, 2.º conde de Stafford e a súa muller Philippa de Beauchamp. Polo seu matrimonio a Michael de la Polo, 2.º conde de Suffolk, converteuse en condesa de Suffolk.
Familia Catarina foi un dos nove fillos de Hugh de Stafford e a súa muller Philippa de Beauchamp. Algúns dos seus irmáns son Margarida de Stafford, condesa de Westmorland e Edmund Stafford, 5º conde de Stafford.
Os seus avós paternos foron Ralph Stafford, 1º conde de Stafford e Margarida de Audley. Os seus avós maternos foron Tomé de Beauchamp, 11º conde de Warwick e Catarina Mortimer, filla de Roger Mortimer.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados en 1419