miniatura|Xeneral Victor Krulak da Marina dos Estados Unidos|alt= A misión Krulak-Mendenhall foi unha expedición de investigación de feitos levada a cabo pola administración Kennedy no sur de Vietnam a comezos de 1963. O fin desta expedición era investigar o progreso do réxime vietnamita e os conselleiros militares do goberno estadounidense que se estaban enfrontando á Fronte Nacional de Liberación de Vietnam no sur do país. A misión foi dirixida por Victor Krulak e Joseph Mendenhall. Krulak era un xeneral de alto mando dentro da mariña estadounidense mentres que Mendenhall era oficial sénior da Oficina de Asuntos Exteriores con experiencia en manexar asuntos referentes a Vietnam.
A incursión de catro días comezou o 6 de setembro de 1963, o mesmo en que o Consello Nacional de Seguridade se reunía e chegaba á conclusión de que as tensións entre Estados Unidos e Vietnam do Sur ían en aumento. Houbo disturbios civís no sur de Vietnam ao tempo que aumentaban as manifestacións budistas contra a discriminación relixiosa do réxime católico do presidente Ngo Dinh Diem. Tras os disturbios nas pagodes budistas que deixaron un gran número de mortos, Estados Unidos autorizou unha serie de investigacións a través dun telegrama enviado ao embaixador Henry Cabot Jr.
Nos seus testemuños ao NCS, Krulak enviaba informes optimistas sobre o progreso da guerra, mentres que Mendenhall presentaba unha visión sombría de fracaso militar e descontento xeral.
Krulak ignorou o apoio popular ao Viet Cong, sentindo que os esforzos dos soldados vietnamitas no campo non se verían afectados polo malestar do público ante políticas de Diệm. Mendenhall centrábase en medir o sentimento dos vietnamitas urbanos e concluíu que as políticas de Diệm incrementaban a posibilidade de guerra civil civil e estaban provocando que o sur vietnamita baixo o Viet Cong mellorase a calidade das súas vidas. Os informes diverxentes levaron ao presidente Jonh F. Kennedy a preguntar a ambos: "Visitastes o mesmo país?"
O informe inconcluso foi obxecto de discusión entre os principais asesores de Kennedy. Varias vías de acción respecto a Vietnam foron discutidas, entre elas apoiar un cambio de réxime ou tomar medidas selectas deseñadas para trabar a influencia de Ngo Dinh Nhu, irmán e conselleiro político do presidente. Nhu e a súa esposa eran vistos como unha das principais causas dos problemas políticos do sur de Vietnam.
Antecedentes Tras os tiroteos de Hue Phat Dan do 8 de maio, iniciáronse as protestas civís no sur de Vietnam. Nove budistas foron disparados por católicos do réxime do presidente Ngo Dinh Diem tras desafiar unha lei que vetaba as bandeiras budistas en Vesak, a celebración do aniversario de Budha e manifestarse en contra do goberno. Tras os tiroteos, os líderes budistas formaron unha alianza para pedir a Diem igualdade relixiosa e unha compensación ademais de xustiza para as vítimas e as súas familias, pero Diem e a súa resistencia fixeron que as protestas aumentasen. A inmolación do monxe budista Thich Quang Duc en Saigon foi un desastre para as relacións públicas do réxime de Diem xa que as fotos do suceso chegaron ás portadas dos periódicos a nivel mundial e converteuse nun símbolo das políticas de Diem. Mentres as protestas continuaron, as forzas especiais do Exército da República de Vietnam, leais ao irmán do presidente, levaron a cabo redadas en pagodes o día 21 de agosto, deixando un gran número de baixas e danos baixo a lei marcial. Universidades e institutos foron pechados, o que provocou protestas dos budistas. Mentres tanto, a loita contra o Viet Cong comezaba a perder forza debido aos rumores dunha loita interna entre as tropas de ARVN, que foi expandida por varios xenerais que montaron o complot para distraer a atención da insurxencia. Tras as incursións ás pagodes, a administración Kennedy mandou un telegrama á embaixada de Saigón ordenando explorar a posibilidade dun novo líder.
Iniciación da expedición Ao finalizar a reunión do Consello Nacional de Seguridade, o 6 de setembro foi acordada a prioridade de obter información sobre o que estaba ocorrendo en Vietnam. O Secretario de Defensa, Robert McNamara, propuxo mandar o xeneral Victor Krulak nunha expedición para buscar probas. O Consello de Seguridade Nacional dos Estados Unidos acordou que Joseph Mendenhall, oficial da Oficina de Asuntos Exteriores con experiencia en Vietnam, o acompañaría e a misión comezaría ese mesmo día.
Na súa viaxe de volta a Washington D.C, Krulak e Mendenhall levaron a John Mecklin, director do Servizo de Información, e a Rufus Phillips, director dos programas rurais para as Misións de Operacións dos Estados Unidos e conselleiro do Programa Estratéxico Hamlet para que informasen. O Departamento de Estado mandou á embaixada de Saigón un telegrama detallado que contiña preguntas sobre a opinión pública dos vietnamitas de todos os estratos da sociedade. En palabras de Krulak, o obxectivo era observar "os efectos dos recentes eventos desencadeados polas actitudes dos xenerais vietnamitas e o esforzo na guerra contra o Viet Cong".
Nunha viaxe de 4 días, os dous homes viaxaron a través de Vietnam antes de regresar a Washington co seu informe. Krulak visitou 10 localizacións en 4 zonas das forzas da ERVN e falou co embaixador Henry Calbot Jr, o xefe das forzas armadas estadounidense en Vietnam, Gxneral Paul Harkins e o seu cadro de persoal, 87 conselleiros e 22 oficiais do ERVN. Mendenhall viaxou a Saigon, Hué, Da, Nang e outras cidades das provincias, falando con aliados vietnamitas. As súas análises da situación foron opostas. Mecklin escribiu "foi unha misión moi importante, que consistía en viaxar 24 000 millas e asimilar a situación en Vietnam en tan só catro días, e era unha síntoma de que o goberno estadounidense estaba involucrado". A misión estaba marcada polas tensións entre os líderes de ambos os países. Mendenhall e Krulak non se levaban ben e falaban o necesario. Mecklin e Krulak pelexaron no voo de volta, Krulak non aprobaba a idea de Mecklin de levar vídeos televisivos que foron prohibidos polo réxime de Diem, xa que cría que era violar a soberanía. Tras unha longa e agre discusión no avión, Krulak cominou a Mecklin para que deixase o vídeo en Alaska durante a parada para abastecer e así o fixo.
Informe e reunión O Consello de Seguridade Nacional dos Estados Unidos elixiu a mañá do 10 de setembro para escoitar o informe das delegacións. Mendenhall tiña experiencia en asuntos vietnamitas pois servira ao antigo embaixador, Elbrigde Durbrow, quen pedira a Diem en numerosas ocasións que realizase unha reforma política. Krulak era un marine coñecido pola crenza no uso da acción militar para conseguir os obxectivos no estranxeiro, co seu temperamento gañara o alcume de "Bruto" na súa carreira na loita libre na Academia Naval. O Vicesecretario de Defensa, Roswell Gilpatric notou que Mendenhall foi recibido "con grandes sospeitas no cuartel xeral do Pentágono" mentres que Krulak "foi ben recibido e gañou a confianza do Pentágono, tanto de militares como de civís".
Os antecedentes de Krulak e Mendenhall eran un reflexo dos seus informes tan opostos da guerra. Krulak deu unha visión optimista do progreso militar e non tivo en conta o efecto da crise budista no ERVN na loita contra o Viet Cong. A súa conclusión foi que "a estrela fugaz aínda seguía adiante e cun ritmo impresionante. Foi afectada polas crises políticas pero o impacto non é moi grande".
Krulak apuntou que aínda se requiría unha gran cantidade de combates, especialmente no Delta do Mekong, que era a rexión máis forte do Viet Cong. Krulak tamén informou que todos os niveis de oficiais do ERVN eran conscientes da crise budista pero pensaba que a maioría non permitiu que as súas crenzas relixiosas afectasen as súas relacións militares. Cría que os oficiais do ERVN eran obedientes e que levarían a cabo calquera acción que fose considerada legal. Krulak máis adiante apuntou que as crises políticas non afectaron ás relacións bilaterais. Respecto á visión dos líderes vietnamitas, Krulak predixo que había insatisfacción entre os oficiais, os cales cría que estaban dirixidos por Ngo Dinh Nhu irmán menor do presidente Diem, que era visto como o líder do réxime na sombra. Krulak cría que a maioría dos oficiais respaldaba a Nhu pero moi poucos estaban dispostos a dar un golpe de estado. Krulak informou que tres conselleiros estadounidenses criticaron a Nhu e ameazaron con abandonar o sur de Vietnam para evitar o desastre público en Nacións Unidas. Krulak pensou que todos estes problemas poderían ser superados polo que consideraba un exitoso esforzo militar e que a guerra sería gañada independentemente do liderado político. Predixo que o ERVN tiña pouca capacidade de facilitar unha mellora no goberno e pensou que non se renderían con facilidade. Mendenhall discrepou e argumentou que o sentimento anti-Dem chegara a niveis onde o colapso do seu goberno era posible. Informou do "reino de terror" en Saigón, Hue e Dang, observando que o odio popular xeralmente reservado para os Nhus se estendera ao xeralmente respectado Diem. Mendenhall afirmou que moitos vietnamitas chegaran á crenza de que a vida baixo Diem era peor que baixo o Viet Cong. Mendenhall pensaba que unha guerra civil relixiosa era posible. Predixo que a guerra só sería gañada se había un cambio de réxime, doutra forma o sur de Vietnam colapsaría nun conflito sectario ou nunha ofensiva comunista masiva. A natureza contraditoria dos informes deu lugar á famosa frase de Kennedy: vostedes viaxaron ao mesmo país?
Debate Krulak intentou explicar os informes contrastantes apuntando que Mendenhall entrevistara persoas de áreas urbanas mentres que el se adentrara en áreas rurais "onde estaba a guerra". Krulak afirmou que os asuntos políticos en Saigón no suporían un impedimento para as accións militares, declarando: "Podemos avanzar para gañar a guerra con Nhu quedando no poder". Roger Hilsman, asistente do secretario de estado declarou sobre o contraste dos informes que "a diferenza era entre un punto de vista militar e un punto de vista político". Durante o debate, Mendenhall afirmou que Saigón sufriu "unha caída virtual" tras as incursións ás pagodes. Mendenhall informou que os funcionarios vietnamitas temían ser vistos cos estadounidenses, recordou unha visita na que tivo que permanecer en silencio mentres o seu anfitrión vietnamita buscaba micrófonos. Mendenhall afirmou que "Saigón estaba pesado cunha atmosfera de medo e odio" e a súa xente temía máis a Diem que ao Viet Cong. Informou que moitos funcionarios xa non durmían nas súas casas por medo a ser arrestados en metade da noite pola policía secreta de Nhu. Moitos oficiais pasaban gran parte do día intentando negociar a liberación dos seus fillos, os cales foran encarcerados por participaren en protestas pro budistas. Mendenhall afirmou que os problemas internos eran agora a prioridade ante a guerra contra os comunistas.