Russian Aircraft Corporation MiG (ruso: Российская самолетостроительная корпорация «МиГ») é unha empresa aeroespacial rusa. A súa sede atópase no distrito de Begovoy de Moscova.

Os avións MiG son un elemento básico das forzas aéreas soviética e rusa, e a Unión Soviética vendeu moitos deses aparellos dentro da súa esfera de influencia. Foron usados polos exércitos de Corea do Norte, Vietnam do Norte, India e tamén en confrontacións aéreas con forzas estadounidenses e aliadas, ademais de formar parte das forzas aéreas de moitas nacións árabes.

No ano 2006 Mikoyan converteuse nunha división de United Aircraft Corporation tras unha fusión con Ilyushin, Irkut, Sukhoi, Tupolev, e Yakovlev por un decreto do presidente ruso Vladimir Putin.

Produtos

MiG-1 - 1940 caza MiG-3 - 1940 caza e interceptor MiG-9 - 1946 caza, primeiro reactor de MiG MiG-15 - 1947 caza, o primeiro reactor moderno e o máis fabricado da historia MiG-17 - 1950 caza (baseado no MiG-15) MiG-19 - 1952 caza, primeiro caza supersónico de MiG e o primeiro avión supersónico en ser fabricado en masa MiG-21 - 1956 caza e interceptor, o avión supersónico máis producido MiG-23 - 1967 caza e cazabombardeiro, o avión de xeometría variable máis fabricado MiG-25 - 1964 interceptor e recoñecemento, o avión máis rápido do mundo fabricado en masa MiG-27 - 1970 ataque a terra, deriva do MiG-23. MiG-29 - 1977 caza de superioridade aérea e caza multirrol MiG-29M, variante mellorada MiG-29K - 1988 caza multirrol embarcado e variante naval do MiG-29M. MiG-31 - 1975 interceptor (baseado no MiG-25) MiG-35 - 2007 caza multirrol e caza de superioridade aérea (baseado no MiG-29)

Notas

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas de Rusia