Higinio Cambeses Carrera, nado en Antas (A Lama) en 1900 e finado en Pontevedra o 19 de febreiro de 1949, foi un director de banda e compositor galego.
Traxectoria
De formación autodidacta fundou na súa parroquia natal a Banda Celta Infantil para a que compuxo diversas obras, ademais de arranxos de temas populares. Fervente republicano,¡La Aldea despierta!, La Libertad, 14-3-1931, p. 3. presentouse como candidato polo Partido Radical Socialista ás eleccións municipais do 12 de abril de 1931.La Libertad, 25-6-1931, p. 3. Máis tarde dirixiu a Banda de Cuntis, e foi pioneiro na introdución da gaita nunha banda de música."Hixinio Carrera Cambeses, un Sancho con xestos de Quixote" En 1932 dirixiu a Agrupación Musical de Ordes promovida por Manuel Sousa Hermida e en 1933 a Banda de Viveiro, e alí aprobou en 1935 as oposicións para profesor da Escola de Música.El Pueblo Gallego, 10-9-1935, p. 12.
De ideoloxía republicana, ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou en Viveiro unha Comisión de Axuda aos Presos na localidade que axiña disolveu o comandante militar.Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte". Xerais: Vigo, p. 591 Ao pouco detivérono e foi condenado en 1941 a pagar unha multa de 250 pesetas. Sufriu continúas detencións, malleiras e sancións laborais e económicas. Entre 1943 e 1948 volveu dirixir a Banda de Cuntis e de 1946 e 1948 foi tamén director da banda La Lira da Sociedad Cultural y Artística de Monterroso.El Progreso, 28-11-1946, p. 2.El Progreso, 13-1-1948, p. 2. Encargouse da Banda de Padrón en 1948.
Obsesionado pola presión e o medo aos que foi sometido despois do golpe de Estado, intentou rematar coa súa vida en Cuntis sen conseguilo, e logo de ser trasladado ao Hospital Provincial de Pontevedra aforcouse.El Pueblo Gallego, 20-2-1949, p. 2.ABC, 22-2-1949, p. 17.
miniatura|Banda municipal de Ordes coa súa directiva en 1932. Higinio Cambeses no centro da segunda fila. Como compositor escribiu máis de duascentas pezas, entre as que salientan A noite do Santo Cristo, Una vez en La Habana, Nosa Terra, ¡Adiós, para siempre!, Zumba Loureiro, ¡Ard’o eixo carballeira!, Cantigas d'a ría, E si mo deches foy no muiño, Flores de la calle ou Una tarde en Zaragoza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas María Erundina Louro Justo "Hixinio Carrera Cambeses, un Sancho con xestos de Quixote" pontevedraviva.com, 18 de maio de 2015.
Pré-catálogo de Higinio Cambeses. Higinio Cambeses Carrera Historias de Ordes (e comarca), 24 de xaneiro de 2017.
Higinio Cambeses na revista Ritmo.
Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Directores de banda Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Lama Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Suicidios en 1949 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Aforcados