O 11 de outubro é o 284º día do ano do calendario gregoriano (285º nos anos bisestos). Quedan 81 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1582: Debido á implantación do Calendario gregoriano, este día non existe no ano 1582 en Italia, Polonia, Portugal e España 1727: Xurxo II e Carolina de Brandeburgo-Ansbach son coroados como reis de Gran Bretaña. 1937: Executados en Lugo os republicanos de Paradela Manuel López Rodríguez, Benigno López López, Orencio López López, Ramiro Rodríguez Gutiérrez, Pedro Rodríguez Rodríguez, Valentín López García, José López Yáñez, Manuel Pérez González e Ramón Díaz Díaz e Alfredo Díaz Monteserín. 1962: Inaugúrase o Concilio Vaticano Segundo 1971: Comeza a gravarse en Francia o álbum de Zeca Afonso Cantigas do Maio, que inclúe a canción "Grândola, Vila Morena" 1990: Un artefacto explosivo colocado por membros do EGPGC mata tres persoas na discoteca Clangor de Santiago de Compostela.

Nacementos miniatura|100px|Eleanor Roosevelt. 1738 - Arthur Phillip, gobernador de Nova Gales do Sur e fundador de Sydney. 1755 - Fausto Delhuyar, químico e xeólogo español que -xunto ó seu irmán Juan José- illou o volframio en 1783 (m. 1833). 1758 - Heinrich Olbers, astrónomo, físico e médico alemán (m. 1840). 1815 - Antonia Vila, impresora e editora galega (m. 1870). 1825 - Conrad Ferdinand Meyer, escritor suízo (m. 1898) 1875 - David Fernández Diéguez, matemático galego (m. 1936). 1881 - Hans Kelsen, xurista estadounidense de orixe austríaca (m. 1973). 1884 - Eleanor Roosevelt, Primeira Dama estadounidense (m. 1962). 1885 - François Mauriac, escritor francés (m. 1970). 1906 - Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui, militar e político galego (m. 1977). 1914 - Mario Granell, pintor galego (m. 1991). 1937 - Bobby Charlton, xogador de fútbol inglés retirado en 1975. 1954 - Thomas Struth, fotógrafo alemán. 1967 - José Ángel Hevia, gaiteiro asturiano.

Mortes miniatura|100px|Anton Bruckner. 1896 - Anton Bruckner, compositor e organista austríaco. 1898 - Juan Sanmartín Serna, escultor galego (n. 1830). 1905 - Roxelio Lois Estévez, xornalista galego (n. 1842). 1930 - Ángel Martínez Castro, agrarista e político galego. 1936 - Abdón Blanco García, político galego (n. 1899). 1963 - Jean Cocteau, escritor e cineasta francés (n. 1889).

1965 - Dorothea Lange, fotoperiodista documental estadounidense (n. 1895).

1986 - Georges Dumézil, antropólogo francés (n. 1898). 1990 - Manuel Lueiro Rey, escritor e xornalista galego (n. 1916). 1994 - Xoán Rof Carballo, médico galego (n. 1905). 2008 - Ramiro Fonte, poeta galego. 2013 - María de Villota, piloto de Fórmula 1 española. (n. 1980) 2025 - Diane Keaton, actriz estadounidense (n. 1946).

Festas e celebracións Día Internacional da Meniña

Outros Santoral: Santa Paula Montal.

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro