A igrexa de När (sueco: Närs kyrka) é unha igrexa medieval luterana en När, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura A parte máis antiga da presente igrexa de När é a torre, construída a mediados do século XIII. Orixinalmente foi deseñada para ser capaz de funcionar como unha torre defensiva, con seteiras aínda visibles na primeira planta. A nave e o coro actuais engadíronse á torre ao redor do ano 1300. Dunha igrexa románica anterior no mesmo lugar non se conserva ningún resto.
Externamente a igrexa ten dous portais decorados con esculturas de pedra na súa fachada sur. Internamente está dividida por dúas columnas centrais. Entre o mobiliario, a pía bautismal románica é a peza máis antiga. Foi realizada polo escultor coñecido como Hegvald e os seus relieves representan motivos relixiosos. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal medieval. A meirande parte do resto do mobiliario é dos séculos XVII e XVIII. Nunha das lychgates que conducen ao edificio hai unha tumba decorada do ano 1322.
Galería de imaxes
Notas
När