Tanna é un filme de 2015 australiano-vanuatiano ambientado na illa de Tanna no Pacífico sur, e conta a historia real dunha parella que decide casar por amor, contradicindo os desexos dos seus pais. Cunha historia semellante á de Romeu e Xulieta, o filme baséase nunha disputa real.

O filme gañou o premio Pietro Barzisa da audiencia no Festival Internacional de Cine de Venecia. Foi escollido como o candidato australiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, e foi nomeado ós premios en xaneiro de 2017.

Personaxes Marie Wawa como Wawa Mungau Dain como Dain Marceline Rofit como Selin Charlie Kahla como xefe Charlie Lingai Kowia como pai Linette Yowayin como nai Albi Nangia como avó e xamán Dadwa Mungau como avoa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de Vanuatu Categoría:Filmes ambientados en Vanuatu