O guacamaio de Spix (Cyanopsitta spixii) é unha especie de guacamaio orixinario do Brasil. É o único membro do xénero Cyanopsitta, unha especie psitaciforme da familia dos papagaios (Psittacidae); crese que na súa rexión orixinaria, unha zona do estado de Baía, no Brasil, oficialmente, xa non quedan exemplares en liberdade. Foi declarada extinta en estado salvaxe en 2018.

O seu nome é unha homenaxe ó médico, explorador e zoólogo alemán Johann Baptist von Spix.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

del Hoyo, et al.(eds) (1997) Handbook of the Birds of the World, vol.4, Family Psittacidae (Parrots), N.J. Collar, pp-280-479, Lynx Edicions, Barcelona, Spain Donald, Pain, Marsden & Collar (2010) Facing Extinction: the World's Rarest Birds and the Race to Save Them T. & A. D. Poyser Sick, Helmut (1993). Birds in Brazil: A Natural History. Princeton University Press. . Silva, Tony (1993). A Monograph of Macaws and Conures. .

Categoría:Arini Categoría:Aves endémicas do Brasil Categoría:Especies en perigo crítico de extinción Categoría:Animais descritos en 1832