O Olympique d'Antibes Juan-les-Pins, tamén coñecido como Antibes Sharks, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Antibes (Provenza-Alpes-Costa Azul). O equipo compite actualmente na LNB Pro B, a segunda categoría do baloncesto galo. Entre os seus títulos destacan tres campionatos de liga, conseguidos en 1970, 1991 e 1995. O seu pavillón como local é o Azur Arena, con capacidade para 5.249 espectadores.
Historia O Olympique d'Antibes foi fundado no ano 1933, aínda que non competiu a nivel nacional até a década de 1950 cando conseguen o ascenso Nationale 1, a actual Pro A. Só permaneceu un ano na categoría, regresando á segunda división, converténdose a partir de comezo dos anos 60 nun equipo ascensor. En 1970 o equipo logra o seu primeiro título de Liga da man de xogadores como Jean-Claude Bonato, Dan Rodriguez e Jacques Cachemire. Co comezo dos anos 1980, o Antibes sufriu moitas temporadas decepcionantes, aínda que foi mellorando co paso dos anos até a consecución dun novo título en 1991. A partir desta data o equipo convértese nun dos principais contendentes ao campionato xunto ao Limoges CSP e o Pau-Orthez. En 1995, tras conseguir o seu terceiro título, comezaron os problemas económicos no club.
O peor momento chegou no ano 2002, cando, a pesar de terse salvado deportivamente, o equipo descende á ProB debido aos problemas financeiros. Os seguintes anos na segunda categoría foron complicados, chegando mesmo a descender na temporada 2006–07 á Nationale 1, unha categoría afeccionada. Este descenso produciuse após ocupar o décimo sexto lugar na liga. Este posto usualmente daba a salvación aos equipos, mais ese ano decidírase reducir o número de equipos das ligas profesionais francesas. Con todo, o equipo consegue recuperar a categoría na seguinte temporada, gañando ademais ese primeiro ano a Copa Pro B.
Tras varios anos na Pro B, na temporada 2013 o equipo ambiciona de novo o ascenso. Para iso tiña que competir con outros favoritos como o Pau-Orthez e o Hyères Toulon, procedentes da Pro A, e o JL Bourg. O equipo acaba finalmente no quinto posto, o cal lle permite xogar os play-offs polo ascenso. Nas eliminatorias consegue eliminar en primeira rolda ao Boulogne-sur-Mer, en semifinais ao Pau-Orthez e na final ao Champagne Châlons-Reims. O seu retorno á máxima categoría, porén, foi breve, xa que acaban no último lugar con seis vitorias e vinte e catro derrotas. Con todo, o paso polo Pro B esta vez foi máis breve, retornando en tan só un ano á máxima categoría. Nesta ocasión o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e gañou nos play-offs polo ascenso a Le Portel, Denain Voltaire e Souffelweyersheim.
Ano a ano AnoNivelLigaCopa2008–092 Pro B 11th Oitavos de final2009–102 Pro B 16º Cuartos de final2010–112 Pro B 14º Cuartos de final2011–122 Pro B 11º Rolda de 322012–132 Pro B 5º Oitavos de final2013–141 Pro A 16º Rolda de 642014–152 Pro B 2º Rolda de 16 2015–161 Pro A 12º Rolda de 32 2016–171 Pro A 14º Semifinais 2017–181 Pro A 16º Rolda de 32
Palmarés Liga de Francia Campións (3): 1970, 1991, 1995 Segunda División de Francia Campións (1): 2013
Xogadores Destacados
George Adams Yann Bonato Timothé Luwawu-Cabarrot Isaia Cordinier Max Kougere Alfred Aboya Mouhamed Sene David Ramseier Tim Blue David Rivers Micheal Ray Richardson Tre Simmons Will Solomon Roger Phegley Bill Varner
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Antibes Sharks (en francés)
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia