Cefminox é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. En España foi comercializado baixo o nome de Tencef.
Espectro de acción Cefminox é activo fundamentalmente fronte a bacterias gramnegativas tanto aerobias coma anaerobias. É activa fronte a diversas enterobacterias coma Escherichia coli. Ten importante actividade anaerobicida, especialmente fronte a Bacteroides. Non é activo fronte a Enterobacter, Citrobacter, Serratia e outros bacilos gramnegativos non fermentativos.
Dosificación A dose convencional é de 2 gramos cada 12 horas. Soamente existe formulación parenteral (dispoñible so nalgúns países). Non hai datos de seguridade en insuficiencia renal.
Embarazo e lactación Non hai datos suficientes para facer recomendacións categóricas.
Interaccións con outros fármacos A administración conxunta con aminofilina pode descender a actividade do fármaco. Non se debe mesturar con alcol por risco de efectos secundarios.
Notas
Categoría:Antibióticos