Jurassic World: Fallen Kingdom é un filme estadounidense de 2018 dirixido por J. A. Bayona. É un filme de aventuras e ciencia ficción e a secuela de Jurassic World (2015). Trátase do quinto filme da franquía Parque Xurásico, así como o segundo da triloxía Jurassic World. Derek Connolly e o director de Jurassic World Colin Trevorrow escribiron o guión, sendo Trevorrow e o director orixinal de Parque Xurásico, Steven Spielberg, os produtores executivos.

Ambientado na ficticia illa Nublar de América Central, na costa pacífica de Costa Rica, conta como Owen Grady e Claire Dearing tratan de rescatar os dinosauros superviventes dunha erupción volcánica que os destruirá. Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, B. D. Wong e Jeff Goldblum retoman os seus papeis de filmes anteriores da franquía. Rafe Spall, Justice Smith, Daniella Pineda, James Cromwell, Toby Jones, Ted Levine, Isabella Sermon e Geraldine Chaplin únense ó elenco de actores.

A rodaxe fíxose entre febreiro e xullo de 2017 no Reino Unido e Hawai. Producido e distribuído por Universal Pictures, Fallen Kingdom estreouse en Madrid o 21 de maio de 2018, e foi estreado internacionalmente en xuño de 2018. Recadou máis de $1,3 billóns en todo o mundo, converténdose no terceiro filme Xurásico en superar a barreira do billón de dólares. Foi o terceiro filme con maior recadación de 2018 e o doceavo de tódolos tempos. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pratt, a dirección de Bayona, os efectos visuais, a banda sonora de Michael Giacchino e os "sorprendentes momentos escuros", mentres que outros suxiren que seguiu o curso da saga, criticando o guión e a falta de innovación. Unha secuela aínda sen título está prevista para a súa estrea o 11 de xuño de 2021, con Trevorrow de novo como director.

Personaxes Chris Pratt como Owen Grady Bryce Dallas Howard como Claire Dearing Rafe Spall como Eli Mills Justice Smith como Franklin Webb Daniella Pineda como Zia Rodriguez James Cromwell como Sir Benjamin Lockwood Toby Jones como Gunnar Eversol Ted Levine como Ken Wheatley B. D. Wong como Henry Wu Isabella Sermon como Maisie Lockwood Geraldine Chaplin como Iris Jeff Goldblum como Ian Malcolm

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bayona Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2018 en 3D Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en obras de Michael Crichton Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes ambientados en 2018 Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX