Varfolomei (en ), nado como Nikolai Fedorovich Remov (en ), nado o en Moscova e fusilado o 10 de xullo de 1935 en Moscova, foi un bispo ortodoxo ruso converso ao catolicismo, bispo de Sergiev e vigairo da eparquía de Moscova entre 1921 e 1928 e vigairo para os greco-católicos do administrador apostólico de Moscova Pie Eugène Neveu.

Traxectoria Primeiros anos Fillo dun sacerdote ortodoxo, naceu como Nikola Fedorovich Remov o en Moscova. Graduouse pola Escola Teolóxica do Santo Lienzo en 1902, e polo Seminario Teolóxico de Moscova en 1908. En 1912 graduouse en Teoloxía pola Academia Teolóxica de Moscova. Monxe e estudoso O 11 de xuño de 1911 foi tonsurado monxe, facendo os votos perpetuos no cenobio de San Zósimo e a Icona da Nai de Deus de Smolensk en Arsaki, ante o reitor da Academia Feodor Pozdeevskii. O 23 de xuño de 1911 ordenado hierodiácono, e o 18 de febreiro de 1912 foi ordenado sacerdote.

O 11 de novembro de 1913 defendeu a súa tese «Книга пророка Аввакума: Введение и толкование» (O Libro de Habacuc: introdución e interpretación). A tese baseouse nunha análise detallada dos textos hebreos e grego do profeta Habacuc, tendo en conta tamén manuscritos eslavos. O autor centrouse na crítica textual e na interpretación histórica do libro.

En 1920 predicou un sermón contra a exhumación das reliquias de san Serxio de Radonezh, polo que foi arrestado o 6 de setembro. Seis meses máis tarde, o 28 de febreiro de 1921, foi liberado por razóns de saúde.

Bispo ortodoxo O 28 de xullo de 1921 o patriarca Tikhon consagrouno bispo de Sergiev, vigairo da eparquía de Moscova. Logo do peche do mosteiro da Trindade de San Serxio, entre 1923 e 1929 foi abade do mosteiro alto de San Pedro, en Moscova.

Organizador de comunidades monásticas secretas, en 1928 foi arrestado, acusado de "ocultar a un espía" (dito "espía" era o bispo católico Neveu). Mentres estaba detido, asinou a obriga de cooperar coa OGPU, logo do cal foi liberado. Porén, como axente non proporcionou á OGPU a información que eles buscaban, aproveitando o seu posto formal como axente para protexer e agochar o monasticismo secreto das autoridades.

Entre 1929 e 1935 foi reitor da igrexa da Natividade da Nai de Deus; os cregos que serviran xunto a el e moitos fregueses achegáronse a esta igrexa logo do peche do mosteiro. Foi moi respectado polos crentes polo seu ascetismo, pola súa vida de oración, como confesor e como ancián. Continuou a estar baixo a autoridade do locum tenens do patriarcado, o metropolita Sergei Stragorodskii, aínda que foi crítico coa súa postura política. O 9 de xullo de 1934 foi elevado ao rango de arcebispo.

Bispo católico en segredo En 1928 reunírase co administrador apostólico en Moscova, o bispo Pie Eugène Neveu, co que se comunicou constantemente. O OGPU esperaba que Remov informara ás autoridades das actividades de Neveu, mais Varfolomei aproveitou esta aproximación aos católicos como unha oportunidade de aliviar a situación dos ortodoxos rusos, e transmitiu a Neveu información sobre as persecucións contra a Igrexa, coa intención de que chegase á comunidade internacional. O 1 de outubro de 1927 Remov ordenara sacerdote a Aleksandr Pavlovich Vasilev, quen se converteu ao catolicismo no Nadal de 1928; Remov gradualmente comezou a amosar simpatía polo catolicismo, e comezou a pregar polo papa na liturxia. En novembro de 1932 se converteu en segredo, creando unha pequena comunidade greco-católica entre os fregueses da súa igrexa.

O 3 de xullo de 1933 recibiu documentos oficiais da comisión papal Pro Russia, asinados por Michel d'Herbigny, referidos ao estabelecemento da sé titular de Sergiev baixo xurisdición papal, e nomeando para dita sé a Remov, xa investido coa dignidade episcopal, facéndoo auxiliar do bispo Neveu:

Derradeiro arresto e fusilamento O 21 de febreiro de 1935 Remov foi novamente arrestado, acusado de non informar ao NKVD. No canto de proporcionar información aos servizos secretos, proporcionara a Neveu información sobre as persecucións á Igrexa. Foi enviado á prisión de Butyrka, e o 17 de xuño foi condenado a morte e posteriormente executado o 26 de xuño. Da súa morte dixo o bispo Neveu:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas РЕМОВ Николай Федорович , perfil en Catholic.ru .

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Finados en 1935 Categoría:Asasinados polo réxime soviético Categoría:Monxes católicos Categoría:Relixiosos católicos de Rusia Categoría:Monxes ortodoxos Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina rusa Categoría:Bispos ortodoxos de Rusia Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Bispos ortodoxos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XX