Justo Moure Giráldez, nado na Caniza o 19 de agosto de 1908 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Propietario do bar O Paraíso. Militante do PSOE. Era concelleiro e tenente alcalde da Caniza en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi detido na Caniza en setembro. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Tirso Gómez Freijido e Antonio Mojón Vázquez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pardo, Miguel (15/9/2016). "El nieto que ha cumplido el encargo de su abuelo fusilado en 1936" elDiario.es . Cañiza Republicana (16/8/2007).

Categoría:Concelleiros da Caniza Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Caniza Categoría:Finados en 1936