Guyparkeria é un xénero de Gammaproteobacteria. As súas dúas especies son bacterias aerobias obrigadas que necesitan oxíxeno para crecer. Son tamén halófilas e pesentan varios graos de termofilia. Viven en ambientes con altas concentracións de sal ou outros solutos, como nas plumas de chemineas hidrotermais ou en cuncas endorreicas hipersalinas, e necesitan altas concentracións de ión sodio para crecer, como ocorre tamén co outro xénero da súa familia, o Thioalkalibacter.
Ambas as especies do xénero foron publicadas orixinalmente como membros do xénero Thiobacillus, antes de ser reclasificadas en 2000 no xéneo Halothiobacillus,Kelly, D.P., and Wood, A.P. "Reclassification of some species of Thiobacillus to the newly designated generus Acidithiobacillus gen. nov., Halothiobacillus gen. nov. and Thermithiobacillus gen. nov." Int. J. Syst. Evol. Microbiol. (2000) 50:489-500. cos nomes Halothiobacillus halophilus e Halothiobacillus hydrothermalis, e, finalmente, foron voltas a clasificar debido ás súas diferenzas morfolóxicas, xenómicas e fisiolóxicas coas especies de dito xénero, creándose para elas o novo xénero Guyparkeria en 2017, e dándoselles os nomes Guyparkeria halophila e Guyparkeria hydrothermalis.
Notas
Categoría:Chromatiales