Cándido Sánchez Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1905 e finado na Coruña o 9 de marzo de 1938, foi un ferreiro e sindicalista galego.
Traxectoria
Metalúrxico en Compostela. Na República era presidente do sindicato metalúrxico afiliado á CNT e membro do Ateneo Libertario. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por repartir follas clandestinas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte en representación da CNT do Comité da Fronte Popular que controlou a cidade nos primeiros días. Fuxiu ao monte Pedroso en compañía de Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Luís García Pazos e permaneceu agochado nunha casa da rúa do Espírito Santo até que foi descuberto en xullo de 1937.El Pueblo Gallego, 25-7-1937, p. 25. Foi detido e entregado ás autoridades franquistas. Xulgado na Coruña por rebelión militar en xaneiro de 1938,El Compostelano, 17-1-1938, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 9 de marzo de 1938 xunto con José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos