Private Life é un filme estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Tamara Jenkins. Está protagonizado por Paul Giamatti, Kathryn Hahn, Kayli Carter, Molly Shannon, John Carroll Lynch, Desmin Borges e Denis O'Hare. O filme céntrase na historia de Richard e Rachel, unha parella de escritores de mediana idade que tentan desesperadamente ter un fillo por tódolos medios posibles.

O filme estreouse o 18 de xaneiro de 2018 no Festival de Cinema de Sundance. Estreouse internacionalmente o 5 de outubro de 2018 a través de Netflix.

Personaxes Kathryn Hahn como Rachel Biegler Paul Giamatti como Richard Grimes Kayli Carter como Sadie Barrett Molly Shannon como Cynthia Grimes Denis O'Hare como Dr. Dordick Emily Robinson como Charlotte Grimes John Carroll Lynch como Charlie Grimes Desmin Borges como Sam Francesca Root-Dodson como Fiona

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes ambientados en Nova York