Marie Antoine Carême, nado na rue du Bac (París) o 8 de xuño de 1784 e finado na mesma cidade o 12 de xaneiro de 1833, foi un gastrónomo, cociñeiro e arquitecto francés, coñecido por ser o primeiro estudoso europeo das salsas na cociña francesa na súa obra L'art de la cuisine française (5 volumes, 1833–34).
Traxectoria Carême naceu nunha familia numerosa e pobre de arredor de vinte e cinco irmáns. O seu pai, estibador no río Sena, decidiu abandonalo aos dez anos, explicándolle a difícil situación da familia e animándoo a saír adiante. Durante ese día, o pequeno Antoine vagou polas rúas ata que deu coa taberna "La Fricasé de Lapin", en que o dono sentiu piedade por el e lle ofreceu ser axudante de cociña. En 1799, aos dezaseis anos, abandonou a taberna e entrou a traballar en "Chez Bailly", cuxo propietario, do mesmo nome, era un importante pasteleiro de París.
Ao ver o entusiasmo de Carême pola cociña, Bailly deulle a oportunidade de que, no tempo libre que tivese, se dirixise á Biblioteca Nacional a aprender máis,Kelly (2004), capítulo 2. non só sobre cociña senón tamén sobre arquitectura. O mozo aprendeu a ler no seu esforzo por comprender os libros. Pouco a pouco foise descubrindo outro gran talento: a súa arte para o debuxo. Trasladou entón os seus debuxos de arquitectura aos seus pasteis de azucre, deixando asombrados a todos coas súas invencións. "Chez Bailly" adquiriu gran fama grazas a iso, aparecendo pedidos de todo o mundo polos seus sorprendentes traballos.
Foi cociñeiro de Napoleón I, desenvolveu os friames e as presentacións de mesas de bufete.
En 1815 traballou para o tsar Alexandre I de Rusia, e en 1816 para o que sería rei de Inglaterra, Xurxo IV. En 1821 foi contratado polo príncipe Esterhazy, embaixador austríaco en París, a cuxo servizo permaneceu ata 1823. Nesa data pasou a traballar para o banqueiro Rothschild e a súa familia ata 1829,Lady Morgan English fish soup (Creation of the great French Chef Marie Antoine Careme, 1784–1833) cando se retirou e deu por rematada a súa carreira, dedicándose completamente á súa obra literaria.
Faleceu na súa casa de París, na rue Neuve Saint Roche aos 48 anos, debido á inhalación durante moitos anos dos gases tóxicos do carbón de leña en que cociñaba.Kelly, páx. 79, 206 É recordado como o fundador do concepto de alta cociña e está enterrado no cemiterio de Montmartre de París.
Obras Carême escribiu varios libros sobre cociña, especialmente o enciclopédico L'Art de la Cuisine Française, que inclúen á parte de centos de receitas, planes de menús e mesas opulentas, unha historia da cociña francesa e instrucións para organizar cociñas. Esta obra consta de 5 volumes. O primeiro está incluído en Le cuisinier parisien, o segundo e o terceiro publicáronse en 1833, despois da súa morte, e o cuarto e o quinto, publicados en 1844, foron escritos por Plumerey, baseándose nas notas deixadas por Carême.
As súas obras foron: Le pâtissier pittoresque. París: imp. de F. Didot, 1815 Le pâtissier royal parisien. París: J.G. Dentu, imp., 1815 Projects d'architecture, dédiés à Alexandre 1.er. París, o autor, 1821 Projects d'architecture pour les embellissements de Paris et de Saint-Pétersbourg. París, o autor, 1821 Projects d'architecture pour les embellissements de Paris. París, o autor, 1821-1826 Le maître d'hôtel français. París: imp. de Firmin-Didot, 1822 Le cuisinier parisien. París: imp. de F. Didot, 1828 L'art de la cuisine française au XIXe siècle. París, o autor, 1833-1844.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Patrick Rambourg, Histoire de la cuisine et de la gastronomie françaises, París, Ed. Perrin (coll. tempus n° 359), 2010, 381 pages.
Ligazóns externas
"Antonin Careme: The First Celebrity Chef: Biography Highlights Career of a 19th-Century Culinary Star". All Things Considered, 25 de maio de 2004.
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1783 Categoría:Finados en 1833 Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Cociñeiros de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa