Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abreviado ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Rexións right|300 px Rexións de Finlandia (rexións históricas delimitadas en gris)

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Capital Poboación(31/10/2018) Superficie(km²) Densidadede poboación(hab/km²)(2018) 40px Åland Ahvenanmaa Åland 1922 Mariehamn 29 754 1 553,50 19,2 40px Carelia do Sur Etelä-Karjala Södra Karelen 1991 Lappeenranta 129 048 5 327,04 24,2 40px Ostrobotnia do Sur Etelä-Pohjanmaa Södra Österbotten 1994 Seinäjoki 189 953 13 444,01 14,1 40px Savonia do Sur Etelä-Savo Södra Savolax 1991 Mikkeli 145 032 14 257,04 10,2 40px Kainuu Kainuu Kajanaland 1991 Kajaani 73 284 21 500,20 3,6 40px Tavastia Propia Kanta-Häme Egentliga Tavastland 1991 Hämeenlinna 171 677 5 198,69 33 40px Ostrobotnia Central Keski-Pohjanmaa Mellersta Österbotten 1994 Kokkola 68 521 5 019,85 13,6 40px Finlandia Central Keski-Suomi Mellersta Finland 1991 Jyväskylä 275 884 16 703,13 16,5 40px Kymenlaakso Kymenlaakso Kymmenedalen 1993 Kouvola 173 816 5 148,87 33,8 40px Laponia Lappi Lappland 1995 Rovaniemi 178 524 92 675,80 1,9 40px Pirkanmaa Pirkanmaa Birkaland 1991 Tampere 515 234 12 586,61 40,9 40px Ostrobotnia Pohjanmaa Österbotten 1994 Vaasa 180 873 7 754,13 23,3 40px Carelia do Norte Pohjois-Karjala Norra Karelen 1993 Joensuu 162 485 17 761,07 9,1 40px Ostrobotnia do Norte Pohjois-Pohjanmaa Norra Österbotten 1993Ritva Kylli, Mirja Vehkaperä 2009. Maakunta on matkassamme. Pohjois-Pohjanmaan maakuntaliitto 1931-1993 ja Pohjois-Pohjanmaan seutukaavaliitto 1969-1993. Oulu, Pohjois-Pohjanmaan liitto. ISBN 978-952-5731-08-8 Oulu 412 018 35 513,30 11,2 40px Savonia do Norte Pohjois-Savo Norra Savolax 1991 Kuopio 245 995 16 769,62 14,7 40px Päijänne Tavastia Päijät-Häme Päijänne-Tavastland 1992 Lahti 200 751 5 123,73 39,2 40px Satakunta Satakunta Satakunta Satakunda 1991 Pori 218 894 7 820,23 28 40px Uusimaa Uusimaa Nyland 1993 Helsinqui 1 670 713 9 097,62 183,6 40px Finlandia Propia Varsinais-Suomi Egentliga Finland 1993 Turku 479 077 10 664,07 44,9

Antigas rexións Como no caso das federacións provinciais e as asociacións sub-rexionais antes de 1994, prodicíronse pequenas mudanzas dentro das provincias dende 1994, principalmente nos municipios individuais.

Dende 1994, tan só unha rexión desapareceu, cando a rexión de Uusimaa Oriental uniuse á de Uusimaa a principios de 2011.

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Disolución Capital Poboación (2010) Superficie (km², 2010) Densidadede poboación(hab/km²) 40px Uusimaa Oriental Itä-Uusimaa Östra Nyland 1.3.1998 31.12.2010 Porvoo 94 174 2 701,84 34,9

Notas

Referencias

Categoría:Rexións de Europa