O Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo é un centro de ensino privado e relixioso da localidade de Ribadeo.
Historia
A finais do século XIX, chegou a Ribadeo un grupo de irmás das Fillas da Caridade, prestando os seus servizos no Hospital-Asilo da poboación. Alí improvisaron un aula para ensinar a ler ás nenas. Co tempo e o aumento de alumnas, en 1928 habilitouse unha casa doada na rúa Trinidade. En 1969, co comezo do curso en setembro, abría as súas portas no actual edificio da rúa Carlos III de Ribadeo. En 2018 a directora é sor Purificación García González.
Notas
Categoría:Ribadeo Sagrado Corazón Categoría:Ribadeo sen imaxes