O binormativismo é unha proposta para establecer dúas normas ortográficas plenamente válidas e oficiais para o galego que os seus impulsores afirman tomar da existencia de dúas formas oficiais para o noruegués.
Noruegués, lingua con dúas formas oficiais miniatura|dereita|Mapa idiomático dos municipios noruegueses. Os concellos en fondo vermello adoptaron o bokmål, mentres que aqueles en azul se decantaron polo nynorsk; así mesmo, a cor gris representa as zonas non adscritas especificamente a ningunha das dúas variantes. Existen dúas normas consideradas formas da mesma lingua norueguesa: a bokmål, máis próxima á lingua dinamarquesa, e a nynorsk, elaborada a partir dos dialectos occidentais do país.
Proposta para a lingua galega A Lei de normalización lingüística, na súa disposición adicional, marca que Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. e, xa que logo, é a norma elaborada pola Real Academia Galega a normativa oficial da lingua galega.
Da outra banda, existen varios colectivos do movemento chamado reintegracionismo, que promoven a converxencia ortográfica entre o galego e o portugués. Entre elas destaca a Associaçom Galega da Língua, que promove a súa propia norma ortográfica desde 1981; e a Academia Galega da Língua Portuguesa, observador consultivo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.
Por causa disto, existen hoxe en día dúas normas contrapostas, a normativa oficial do galego e a normativa reintegracionista do galego, sen carácter oficial. Para intentar superar este conflito normativo, a AGAL lanzou unha proposta coñecida como binormativismo que asumiu como eixo programático en 2018. Así e todo, dentro do movemento reintegracionista a súa aceptación non foi xeral. Desde entón foron varias as persoas que teñen manifestado a súa opinión, ben a favor, ben en contra da proposta. En 2019 Víctor Freixanes, director da RAG nesa altura e falando desde o ámbito persoal, non o apoiaba e o escritor Francisco Castro, tampouco.. Pola súa parte, mostráronse favorábeis o filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato, a escritora Marica Campo, o filólogo e escritor Carlos Callón e o escritor Vítor Vaqueiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Normativa oficial do galego Normativa reintegracionista do galego
Ligazóns externas É possível umha política binormativista na Galiza? Artigo de Eduardo Maragoto na páxina de A.gal.
Categoría:Lingüística