Proceso Entre os sistemas biométricos de recoñecemento por voz, podemos distinguir dúas familias: Os sistemas de texto dependente: o usuario sempre pronunciará unha mesma frase para identificarse. Os sistemas de texto independente: o sistema vai propoñendo ao usuario a pronunciación dun conxunto de palabras extraídas dunha base de datos bastante grande. O habitual é que as frases ou palabras propostas sexan características para maximizar a cantidade de datos que se poden analizar (por exemplo, frases cunha certa entoación, pronunciación dos ditongos, palabras con moitas vocais...)
Fiabilidade O estado anímico pode variar o timbre de voz, ó igual que o estado de saúde. Unha simple conxestión pode facer variar o ton de voz o suficiente como para que o sistema non sexa capaz de recoñecer ó usuario. Estes problemas levan consigo unha alta taxa de falsos negativos.
A identificación a través do recoñecemento da voz é un dos métodos de identificación biométrica menos precisos.
Segundo un estudo publicado no 2002 por Biometric Technology, a taxa de erro cruzadoA taxa de erro cruzado (Cross-Over Error Rate CER) é a probabilidade de erro dun sistema cando coincide a probabilidade de falsos negativos e falsos positivos, é igual a 1/50. Esta é unha posibilidade de erro moi alta, si a comparamos coa probabilidade de 1/131.000 do escaneo de iris, ou menor de 1/10 000 000 do escaneo de retina.
Facilidade de uso e aceptación Xeralmente os sistemas de recoñecemento de voz teñen unha boa acollida entre os usuarios, pola súa facilidade de uso, e a súa comodidade.
Prevención de ataques O principal problema do recoñecemento de voz é a inmunidade fronte a posíbeis ataques. Unha persoa pode empregar unha gravación coas palabras que tería que pronunciar o usuario lexítimo, e así conseguir enganar ao sistema. Este problema minimízase nos sistemas de texto independente, pois o atacante non poderá coñecer a priori as palabras que necesitará para acceder ao sistema.
Tempo de espera Outro dos problemas dos sistemas baseados no recoñecemento da voz é o tempo que perde o usuario para autenticarse no sistema. Aínda que actualmente na maioría dos sistemas é suficiente con pronunciar unha soa frase, é habitual que o usuario se vexa obrigado a repetila porque o sistema lle denega o acceso.
Historia Foi na década de 1960 cando Texas Instruments desenvolveu as bases do recoñecemento por voz.
Exemplos de uso Empresas como a General Motors, na que se empregan sistemas de recoñecemento por voz para restrinxir o acceso ás salas de ordenadores. Hospitais como o de Chicago, para controlar a entrada á zona de recentemente nados. En fronteiras como a que separa México dos Estados Unidos, emprégase para autorizar o paso dos viaxeiros frecuentes. Aplicacións baseadas no teléfono usan a voz para recoñecer ao usuario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kimmel School of Construction Management, Engineering and Technology Biometric Technology, Inc.
Categoría:Biometría