Xesús M. Méndez Padín nado en Vilalonga (Sanxenxo) o 13 de decembro de 1965, é un escultor e pintor galegoCurrículo do artista na web Cultura Galega.info..

Traxectoria

En 1979 tivo o seu primeiro contacto co mundo da pedra aínda que nestes primeiros anos, e de forma simultánea, estaba máis centrado na pintura da man de Roxelio Lorenzo. Pero foi o escultor cambadés Manolo Paz quen lle ensinou o oficio de canteiro e o iniciou no mundo da escultura. Desde 1988 compaxina a súa produción artística coa súa actividade como profesor de cantería e modelaxe en diversos centros de formación. Foi docente na Escola de Canteiros de Poio entre 1995 e 2006.

miniatura|250px|Monumento ó poeta Acuña (2000). Paseo San Roque na Pobra de Trives. Nas súas obras utiliza diversos materiais como o granito, mármore, calcaria, madeira ou mesmo chumbo. O seu estilo, tanto na súa escultura como na súa pintura ou debuxos, pódese definir como clasicista. As súas obras están inspiradas en personaxes históricos ou mitolóxicos, e sempre semellan estar durmidas. Museos e coleccións que teñen obra súa Museo Europeo de Arte Moderna (MEAM) en Barcelona. Multiúsos da Xunqueira en Redondela. Diversas coleccións particulares no Reino Unido, Alemaña e España.

Obra Pública Monumento a Ofelia Nieto (2000) Xardins da Calzada, Sevilla. Monumento ó poeta Acuña (2000) Paseo San Roque, A Pobra de Trives. Homenaxe ó voluntario (2003) Paseo Rafael Pico, Portonovo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Xesús Méndez Padín Blog persoal .

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes