A arceúcha xorda, tamén chamada becacina pequena"Becacina" no Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosoto de 2019 ou becacina xordaPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Lymnocryptes minimus) é unha especie de ave limícola pequena e robusta. É a menor das becacinas e a especie monotípica do xénero Lymnocryptes. Presenta características como o seu peculiar óso esterno que a fan bastante distinta das outras becacinas.
Etimoloxía
O nome do xénero, Lymnocryptes, procede do grego antigo limne, 'marisma' e kruptos, 'agochado, escondido'. O nome da especie minimus é latino e significa 'o máis pequeno, mínimo'.
Descrición
Os adultos son de menor tamaño que as arceúchas das brañas e teñen un peteiro relativamente máis curto. A súa lonxitude é de 18 a 25 cm, a súa envergadura é de 30 a 41 cm e o seu peso de 33 a 73 . O corpo ten manchas marróns na parte superior e é claro na inferior. Teñen unha liña escura que cruza o ollo. As ás son bicudas e estreitas e en voo son visibles nelas liñas amarelas. Ten un distintivo movemento de balanceo arriba e abaixo case hipnótico, como se o animal estivese sobre resortes.
O padrón da cabeza difire do da arceúcha das brañas e outras especies do xénero Gallinago, en que non ten unha banda no píleo central, senón dúas bandas laterais claras no píleo, que están separados do supercilio por unha área de plumaxe escura.
Distribución e hábitat
As arceúchas xordas son migratorias, e pasan o período non reprodutor en Gran Bretaña, e as costas atlánticas e mediterráneas de Europa, e de África e a India. É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA). O seu hábitat de reprodución son as marismas, pantanos, tundra e prados húmidos con vexetación curta do norte de Europa e norte de Rusia.
Comportamento miniatura|Ovo de arceúcha xorda
A arceúcha xorda pode ser moi silandeira nas súas áreas non reprodutoras e é difícil de observar, ao camuflarse moi ben no seu hábitat. En consecuencia, os observadores de aves desenvolveron unha técnica especializada para atopalas. Consiste en camiñar pola marisma ata que algunha ave se sente molestada e bota a voar. Entón a bacacina pequena ponse agachada e non foxe do seu escondedoiro ata que o intruso está bastante preto. Nese momento voa tranquilamente unha curta distancia antes de mergullarse de novo na vexetación.
Alimentación
Aliméntase en barro mol, sondando ou peteirando para atopar o alimento que localiza pola vista. Comen principalmente insectos e miñocas e tamén materia vexetal.
Reprodución O macho realiza unha exhibición aérea durante o cortexo, durante a cal emite un distintivo son parecido ao galopar dun cabalo. É silencioso en inverno. O niño fano no chan nun lugar ben agochado e nel poñen de 3 a 4 ovos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ageing and sexing (PDF; 0.57 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze Plumas de arceúcha xorda (Lymnocryptes minimus) en Ornithos.de
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1764