Pasto é un concello colombiano, capital do departamento de Nariño, cuxa cabeceira municipal ostenta o nome de San Juan de Pasto. Atópase no suroeste do país, na rexión andina.

Durante a época prehispánica formou parte do Imperio Inca, asemade, foi o centro administrativo, cultural e relixioso da rexión desde a época colonial.Ceron Solarte, Benhur; Ramos, Marco Tulio. Fondo Mixto de Cultura-Nariño. Pasto: Espacio, Economía y Cultura. Biblioteca Virtual del Banco de la República. Consultado o 12 de setembro de 2009 Durante o século XIX, por mor da aguerrida defensa da cidade que protagonizaron os seus habitantes na Independencia de Colombia, foi coñecida como «A Leoa dos Andes». A cidade de Pasto é tamén coñecida como «Cidade sorpresa de Colombia».Pérez Silva, Vicente. San Juan de Pasto, antecedentes históricos. Revista Credencial Historia, Edición 226, outubro de 2008. Biblioteca Virtual del Banco de la República. Consultado o 12 de setembro de 2009

Como capital do departamento, alberga as sedes da Gobernación de Nariño, a Asemblea Departamental, o Tribunal do Distrito Xudicial, a Fiscalía Xeral da Nación, e en xeral sedes de institucións dos organismos do Estado.

A súa cabeceira municipal é a décimo sétima cidade máis poboada de Colombia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Nariño