O voo 348 de Kolavia era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Surgut ata o aeroporto de Moscova-Domodedovo. O día 1 de xaneiro de 2011 o Tupolev Tu-154-B2 que operaba o voo incendiouse mentres rodaba antes da engalaxe de Surgut. Tres persoas morreron, e 43 quedaron feridas, catro de gravidade. O avión quedou esnaquizado polo lume.
Avión O aparello implicado era un Tupolev Tu-154B-2, con rexistro RA-85588 e número de serie 83A/588. O avión voara por vez primeira en 1983. Entrou en servizo con Aeroflot co rexistro CCCP-85588 e despois foi rexistrado RA-85588 en xuño de 1993. Posteriormente operou con Mavial Magadan Airlines entre outubro de 1994 e agosto de 1999, cando comezou a operar con Vladivostok Air. Kogalymavia mercou o avión no ano 2007.
Accidente O voo 348 levaba 8 tripulantes, 116 pasaxeiros e 10 empregados de Kogalymavia fóra de servizo. Cando o avión estaba rodando para a engalaxe dende o aeroporto de Surgut, un lume comezou nun dos motores e solicitouse unha evacuación de emerxencia. Inicialmente informouse que o avión fixera unha aterraxe de emerxencia tras apagarse un motor durante a engalaxe. O accidente ocorreu ás 13:12 hora local (08:12 UTC). Tres persoas morreron e 43 resultaron feridas por inhalación de fume ou queimaduras. O avión estaba operando un servizo doméstico regular dende Surgut ata Moscova. O avión quedou consumido polo incendio, que quedou apagado ás 13:45. Membros do grupo de pop ruso dos 90 Na Na estaban a bordo do avión.
Notas
Kolavia 0348 Kolavia Kolavia