Manuel Dieste Mos, nado en Ribeira en 1967 e finado na mesma vila o 16 de outubro de 2017, foi un político e empresario galego.

Traxectoria

Veciño de Carreira, foi creador da agrupación de Protección Civil do seu concello. En 1993 foi un dos creadores de Novas Xeracións en Ribeira. Foi de terceiro nas listas ás eleccións municipais de 1995 polo PPdG, con José Luis Torres Colomer como líder.

Foi presidente do Atlético de Riveira e directivo do Carreira CF.

Foi empresario no sector marisqueiro nas depuradoras Amegovre e Remagro do Grove, e foi vicepresidente do consello regulador do Mexillón de Galicia.

Morreu a causa dunha leucemia.

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Finados en 2017 Categoría:Finados por leucemia Categoría:Concelleiros de Ribeira Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes