Ivica Zubac, nado o 18 de marzo de 1997 en Mostar, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Zubac foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Los Angeles Lakers. O 7 de xullo de 2016, Zubac asinou cos Lakers. Zubac debutou na NBA o 2 de novembro de 2016, anotando seis puntos na vitoria dos Lakers por 123-116 contra os Atlanta Hawks. Durante a súa tempada de rookie, Zubac foi asignado en varias ocasións ós Los Angeles D-Fenders, o afiliado dos Lakers na NBA D-League.
O 7 de febreiro de 2019, Zubac foi traspasado xunto a Michael Beasley ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Mostar Categoría:Xogadores de baloncesto de Croacia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do KK Zrinjevac Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do KK Mega Basket Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers