O Río Mero é un curso fluvial situado na provincia da Coruña.

Curso Nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e tras percorrer 41 km desemboca no interior da ría do Burgo. Atravesa os concellos de Oza Cesuras, Abegondo, Bergondo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nel está o encoro de Cecebre e na súa confluencia co río Barcés forma a zona especial de conservación (ZEC) Encoro de Abegondo - Cecebre, que pertence na súa maior parte ao concello de Abegondo.

Caudal A media do caudal do río Mero a altura de Cambre foi de 7,3 m3/s e con máximos de 34,8 m3/s entre o 1970 e o 1986. Para evitar inundacións, así coma facer uso de toda a capacidade do encoro de Cecebre, realizáronse as obras de canalización, rematadas no ano 2007, no seu tramo final entre o encoro de Cecebre ata a súa desembocadura na ría.

Afluentes miniatura|esquerda|Afluentes. Pola marxe esquerda, ten o Barcés, o Brexa e mais o río Valiñas. Pola marxe dereita, o Río Gándara. Río Valiñas Río Brexa Río Barcés Río Gobia Rego de Roufrío Rego de Fontao Rego Carboeira

Aproveitamento A auga do encoro de Cecebre fornece aos concellos da Coruña, potabilízase na ETAP da Telva xestionada por Emalcsa. O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.

Navegación No pasado o río foi navegable ata o porto de Sigrás. Era habitual o movemento de barcadas con persoas e mercadoría, principalmente para fornecer a Casa da Especiería da Coruña. Actualmente esta posibilidade vese limitada polo encoro da Barcala. En 1990 o alcalde de Cambre, Antonio Varela, enviou un escrito á Confederación Hidrográfica do Norte solicitando a eliminación de devandita presa.El Mero fue navegable hasta el «puerto» de Sigrás Ten pantalán no Temple que permite o amarre de pequenas embarcacións.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galicia

Mero