O emperador (Luvarus imperialis), única especie do xénero Luvarus que á súa vez é o único encadrado na familia Luvaridae, é un peixe mariño da orde Perciformes, especie cosmopolita distribuída por augas tropicais e subtropicais de todos os océanos.Nelson, J.S., 1984. Fishes of the world. 2.ª edición. John Wiley & Sons, Inc., New York. 523 p.
O inicio da aleta dorsal vaise desprazando progresivamente cara a atrás conforme o peixe crece. Describiuse unha lonxitude máxima de 1,8 m.
Raramente se atopa nos mercados.Bauchot, M.-L., 1995. Luvaridae. Emperadores. p. 1245. En: W. Fischer, F. Krupp, W. Schneider, C. Sommer, K.E. Carpenter e V. Niem (eds.) Guia FAO para Identification de Especies para lo Fines de la Pesca. Pacifico Centro-Oriental. 3 Vols. FAO, Roma.
Hábitat e modo de vida miniatura|esquerda|200px|Exemplar de emperador capturado en Croacia. Pódese atopar en calquera lugar do océano, tanto na superficie como en augas profundas.Décamps, P., 1990. Luvaridae. p. 1008-1009. En J.C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, Paris. Vol. 2. Aparentemente solitario.
Aliméntase principalmente de pequenos peixes, ctenóforos e outros animais planctónicos xelatinosos.Eschmeyer, W.N., E.S. Herald e H. Hammann, 1983. A field guide to Pacific coast fishes of North America. Houghton Mifflin Company, Boston, U.S.A. 336 p.
Reprodución Ten unha alta fecundidade, describiuse o caso dun adulto dos máis grandes que contiña 47 millóns de ovas, que por suposto abandonan e non mostran estratexias de coidado da prole. A desova comeza ao final da primavera e dura todo o verán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Luvarus imperialis.(Taxonomic Serial No.: 172485),, na páxina do ITIS (Sistema Integrado de Información Taxonómica) "Luvarus imperialis". En FishBase (Rainer Froese e Daniel Pauly, eds.). Consultada en xuño de 2008. N.p.: FishBase, 2008. "Luvaridae". En FishBase (Rainer Froese e Daniel Pauly, eds.). Consultada en xuño de 2008. N.p.: FishBase, 2008.
Categoría:Animais descritos en 1810 Categoría:Perciformes