miniatura|250x250px|A categoría de Preocupación Menor na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN. Preocupación menor (abreviado oficialmente como LC dende o nome orixinal en inglés "least concern") é unha categoría sobre o estado de conservación das especies que a IUCN asigna a aquelas especies que son abundantes na natureza e non necesitan que se lles aplique un programa de conservación. Unha especie considérase que está no estado de "preocupación menor" (ou baixa ou mínima preocupación ou pouco preocupante) cando, tras ser avaliada pola UICN, non cumpre ningún dos criterios das categorías de especies en perigo, en perigo crítico, vulnerable ou case ameazada da lista vermella que elabora a organización. En consecuencia, a categoría "preocupación menor" da lista inclúe a todos aqueles taxons abundantes e de ampla distribución, que non se atopan baixo ameaza de desaparecer nun futuro próximo. Son, polo tanto, os de menor risco na lista.UICN. (2001). Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp. Dispoñible no sitio oficial da UICN. miniatura|250x250px|A categoría de Preocupación Menor na versión 2.3 de 1994 da Lista Vermella da UICN. Na versión 2.3 da Lista Vermella, de 1994 e vixente até 2001, a "preocupación menor" era unha subcategoría de "baixo risco" (LR), sendo a súa abreviación oficial LR/lc ou (lc).

A categorización en preocupación menor depende en gran medida da avaliación que se realice da poboación da especie e a súa distribución, sendo este un dos indicadores máis importantes para realizar unha relación directa ou indirecta co risco de extinción que podería correr esa especie. Na versión 2008 da lista vermella, inclúense 16.226 taxons de animais e 1.449 de plantas na categoría de "preocupación menor", incluíndo ó propio Homo sapiens.

Notas

Categoría:Lista vermella da IUCN