O voo 139 de Sudan Airways era un servizo de pasaxeiros que se esnafrou o día 8 de xullo de 2003 en Port Sudan. O Boeing 737 estaba operando un servizo doméstico de pasaxeiros entre Port Sudan e Khartún. Uns 15 minutos despois da engalaxe perdeu potencia nun dos seus motores, facendo que a tripulación decidise regresar ao aeroporto para realizar unha aterraxe de emerxencia. Ao facelo, os pilotos perderon a pista e o avión baixou ata golpear o chan, desintegrándose tras o impacto. As 117 persoas a bordo morreron.
Avión O aparello implicado era un Boeing 737-2J8C, con rexistro ST-AFK e número de serie 21169. Estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney JT8D-7, realizara o seu primeiro voo o 29 de agosto de 1975, e fora entregado a Sudan Airways o 15 de setembro dese ano. No momento do accidente o avión tiña case 28 anos de idade.
Accidente O avión saíu de Port Sudan ás 4:00 am, en dirección a Khartún. Dez minutos despois da engalaxe o piloto informou dun problema nun dos motores e que levaría o avión de volta ao aeroporto para realizar unha aterraxe de emerxencia. Porén, o avión caeu ao chan antes de poder regresar ao aeroporto e incendiouse.
Todos os ocupantes agás un morreron no accidente. A meirande parte eran sudaneses e tamén habían tres indios, un británico e un etíope. Un neno foi o único supervivente, pero morreu posteriormente debido as feridas recibidas.
O entón Ministro de Asuntos Exteriores do Sudán Mustafa Osman Ismail formulou que o embargo comercial imposto polo goberno estadounidense en 1997 fora un factor que axudou ao sinistro, xa que a compañía fora incapaz de conseguir pezas de reposto para realizar o mantemento da súa frota debido á sancións. A aeronave involucrada no accidente, en particular, non fora atendida durante anos.
Notas
Sudan Airways 0139 Sudan Airways Sudan Airways