O asháninka é unha lingua arauaca falada polo pobo asháninka do Perú e de Acre, no Brasil. O asháninka está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Historia A lingua foi chamada tanto asháninka como campa, mais este último termo é considerado ofensivo polos asháninka, xa que deriva do termo quechua thampa, que quere dicir desgastado ou sucio. Como tódalas linguas que teñen un predominio nunha rexión particular do Perú, o asháninka é unha lingua oficial na área na que se fala, tal e como recolle a Constitución do Perú. Os índices de alfabetización na lingua roldan o 10% até o 30%, comparado co índice de alfabetización en castelán que están entre o 15% e o 25%.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cushimariano Romano, Rubén e Richer C. Sebastián Q. (2009). Diccionario asháninka–castellano (versión preliminar). Crevels, Mily, Lyle Campbell, Veronica Grondona e Mouton De Gruyter. "Language Endangerment in South America: The Clock Is Ticking." A Comprehensive Guide The Indigenous Languages of South America, 2012, 167-234. "Asháninka." Language, Alphabet and Pronunciation. Consultado o 5 de maio de 2016.

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Pobo asháninka