O shipibo (ou shipibo-conibo) é a lingua máis falada da familia pano, cuns 8000 falantes sobre unha poboación de 28.000 membros do pobo shipibo-conibo no Perú. O shipibo ten catro dialectos: conibo, shitibo, malibo e shipibo. O shipibo está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Os shipibo-konibo non teñen un nome demasiado específico para a súa lingua e chámana usualmente [non] joi 'a nosa lingua' fronte á denominación nawan joi 'lingua dos estranxeiros' que se aplica tanto ó castelán como a outros grupos indíxenas, especialmente os outros grupos que non falan linguas pano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Valenzuela, Pilar (2000): "Ergatividad escindida en wariapano, yaminawa y shipibo-konibo" en Indigenous languages of lowland South America. Essays on indigenous languages of lowland South America. Contributions to the 49th International Congress of Americanists in Quito 1997, Universidade de Leiden.
Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas pano