O voo 253 de Aeropostal era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto internacional Idlewild, Nova York, ata o aeroporto internacional de Caracas que se esnafrou o 20 de xuño de 1956. Sobre unha hora e 20 minutos despois de engalar a tripulación informou de problemas cun dos motores e regresou a Nova York. Mentres se desfacía de combustible preparándose para a aterraxe, o avión, un Lockheed L-1049 Super Constellation, incendiouse e esnafrouse no océano Atlántico en fronte de Asbury Park, Nova Jersey. Os seus 74 ocupantes morreron e no seu momento foi o accidente con máis mortes dun voo comercial regular."Search Vessels Find 6 of 74 Crash Dead". Dallas Morning News. Associated Press. 21 de xuño de 1956. p. 1. Porén, o número de vítimas mortais foi superado tan só 10 días despois no desastre aéreo do Gran Canón.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes e incidentes de Aeropostal Categoría:Accidentes e incidentes de Lockheed Constellation Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1956