Jordan Tyler McRae, nado o 28 de marzo de 1991 en Savannah, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria deportiva O 26 de xuño de 2014, McRae foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2014 polos San Antonio Spurs. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Philadelphia 76ers. O 29 de agosto de 2014, McRae asinou co Melbourne United australiano para a tempada 2014-15.
O 29 de xaneiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Phoenix Suns. Ese mesmo día fixo o seu debut na NBA, facendo 12 puntos, 4 asistencias e 2 rebotes en 25 minutos de xogo, na derrota dos Suns por 102-84 contra os New York Knicks.
O 28 de febreiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Cleveland Cavaliers. O 9 de marzo de 2017, asinou un contrato multianual cos Cavaliers.
O 20 de agosto de 2017, McRae asinou un contrato dunha tempada co Saski Baskonia da Liga ACB.
O 20 de setembro de 2018, McRae asinou un contrato cos Washington Wizards e os Capital City Go-Go da NBA G League.
O 6 de febreiro de 2020, McRae foi traspasado ós Denver Nuggets a cambio de Shabazz Napier. O 1 de marzo de 2020, McRae e os Nuggets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.
O 3 de marzo de 2020, McRae asinou cos Detroit Pistons.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no condado de Chatham, Xeorxia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons