Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.
Traxectoria Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985,Diario nº 39 da data 23/02/1985 Diario Oficial de Galicia. director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia. Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE e é cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira.Cabaleiros e Damas. Enxebre Orde da Vieira
Na TVG presentou Ruada, Con música propia e A noite en Blanco.
É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou PetapoucoGran Enciclopedia Galega. e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.
Obra escrita Camariñas, terra de palilleiras, 1991, Edicións Xerais de Galicia. Cento cartorce cancións galegas, 1992, n.º 67 da Biblioteca 114, El Correo Gallego. Radio e prensa na Galicia exterior, 1995, Xunta de Galicia. Historia da radio en Galicia, 1999, Edicións Lea. Manuel Fraga Iribarne, profesor, político, estadista, redactor da Constitución Española, presidente da Xunta de Galicia, 2001, Ir Indo. Introdución á canción galega, 2004, Xunta de Galicia.
Recoñecementos Entre outros, recibiu os seguintes recoñecementos: Premio Ondas, 1990.Premios Ondas 1990 . Premio da Crítica Galicia, 1991. Antena de Oro. Premio Galicia de Comunicación, 2000.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ensaístas de Galicia